Manuel Baltar avanza o apoio da Deputación a novos proxectos propostos polo concello de San Amaro

En San Amaro, a Deputación colaborará co proxecto de mellora enerxética de Eiras, co que se renovará o alumeado público desta parroquia. Ademais, cooperará na mellora dos firmes das  estradas das parroquias de San Amaro e Beariz. 

O presidente do goberno provincial mantivo ao longo desta mañá reunións de traballo con Fernando Redondo, Manuel Conde, José Antonio Pérez, Rafael Pérez e Antonio Rodríguez para implementar novas liñas de colaboración 

AVANTAR ACTIVIDADES

“Como administración máis próxima aos gobernos locais, un dos nosos eixos fundamentais é escoitar as necesidades dos concellos da man dos seus máximos representantes e contribuír a resolvelas”, recalca Manuel Baltar

O presidente da Deputación avanzou aos rexedores o apoio a iniciativas perfiladas arredor da mellora das infraestruturas públicas, servizos, saneamento ou eficiencia enerxética: “Con esta cooperación, a Deputación contribúe a fornecer o benestar dos concellos a través de apostas de futuro dos seus alcaldes”

Ourense, 26 de xaneiro de 2023.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo ao longo desta mañá reunións de traballo no Pazo Provincial cos alcaldes de San Amaro -Fernando Redondo-; Vilar de Barrio -Manuel Conde-; Verea -José Antonio Pérez-; A Mezquita -Rafael Pérez-; e Montederramo -Antonio Rodríguez-, co fin de avaliar os proxectos xa realizados dentro da colaboración entre a administración provincial e local e trazar novas liñas de cooperación a materializar nos próximos meses. 

Manuel Baltar define as cinco xuntanzas como “moi frutíferas” e as enmarca dentro da “estreita colaboración que mantemos cos gobernos locais de toda a provincia”. Os concellos, explica o presidente do goberno provincial, “son a administración máis próxima a veciñanza, e a administración máis próxima aos concellos é a Deputación. No noso ADN está a cooperación e atender as peticións consideradas como prioritaras polos alcaldes segundo a súa acción de goberno”.

“A Deputación, con estes apoios económicos, contribúe a fornecer o benestar destes concellos a través de apostas de futuro dos seus alcaldes. E aí vai estar este goberno provincial”, recalca Manuel Baltar antes de por en valor á importancia da xestión económica da administración provincial como ferramenta chave nesta colaboración: “Un dos eixes fundamentais da Deputación está aquí; en escoitar da man dos máximos representantes dos concellos de toda a provincia as súas necesidades e contribuír a resolvelas dun xeito rápido e eficaz, grazas á débeda cero e o excelente traballo do persoal da administración provincial”. 

O presidente da Deputación de Ourense avanzou o compromiso do goberno provincial con iniciativas presentadas esta mañá polos rexedores, perfiladas arredor da mellora das infraestruturas públicas, servizos, saneamento ou eficiencia enerxética.