Ribadavia aproba os orzamentos para este ano cunha contía de 5,2 millóns de euros

Ribadavia aprobou o Orzamento 2023 que ascende a 5,2 millóns de euros. A primeira vez que se aproba un orzamento en ano electoral, e supón un incremento de 500 mil euros. Coa finalización dos préstamos lograse ademais unha liquidez de 450 mil euros para investimentos en 2024. Ribadavia liquidará as súas débedas cos bancos neste exercicio 2023.

Dende o concello presentan o seguinte resumo dos Obxectivos deste Orzamento:

AVANTAR ACTIVIDADES

1. Continuar coa mellora do Conxunto Monumental.

2. Continuar aumentado o investimento en dereitos sociais.

3. Continuar aumentando o apoio ás asociacións culturais, deportivas e veciñais.

4. Posibilita continuar a obra de saneamento, subministro e beirarrúas do núcleo de San Cristovo.

5. Establece unha partida para Convenios con outras Administracións:

✅Auga e Saneamento: comezo do proceso nova captación no río Miño, un prego novo, e unha rede que chegue a todos os núcleos do municipio.

A Deputación comprometeuse a financiar ao Concello a obra da Rede da Groba- As Chabolas e a colaborar con Santo André.

✅ Pista nova do Pavillón de Deportes. A Deputación comprometeuse a financiar ao Concello esta obra.

6. Outros Convenios pendentes:

✅ Servizos: impulso do novo Asilo e dun Centro de Día. Impulso da nova gardería.

✅ Construción dunha Pasarela entre a Veronza e o Barrio de San Francisco.

✅ Mellora da xestión de residuos, servizo realizado actualmente pola Deputación.

Foi neste punto dos convenios do Concello con outras administracións onde o Pleno se dividiu onte, entre os que defenden os intereses de Ribadavia , e os seguen a estratexia de “canto peor para Ribadavia, mellor para eles”, chegando a xustificar os vetos da Deputación a Ribadavia.

– As graves mentiras que expresa hoxe César Fernández nunha nota de prensa enviada tras o Pleno, e que non se atreveu a dicir no Pleno porque serían desmontadas, son unha nova mostra da peor clase de político que por desgraza abunda tanto no PP.

1. Diante das críticas do PP sobre o peche do exercicio do orzamento anterior, este nunca se fixo antes da 2º quincena de febreiro, nunca, César Fernández sábeo pero minte a sabendas para crear un falso relato. A transparencia financeira é total. É absolutamente falso que haxa facturas ocultas, algo que non pode dicir el, que si deixou unha factura ilegal nun caixón de 26.000 euros cando gobernou.

2. A rapidez na aprobación deste Orzamento está xustificada na excepcionalidade deste exercicio, ao ser ano electoral, sendo a primeira vez que se aproba un Orzamento antes dunhas eleccións pola súa necesidade. Nos anos anteriores tampouco nunca foi no mes de xaneiro.

3. A presentación e aprobación deste Orzamento está máis que xustificado para garantir proxectos importantes:

– Sen estes orzamentos non sería posible facer fronte a continuación da Obra de Saneamento e Subministro de Auga e obra de beirarrúas no núcleo de San Cristovo, a pesar do cal o PP votou en contra.

– Sen estes orzamentos non sería posible aumentar o investimento social, que un ano máis volve subir.

– Sen estes orzamentos non sería posible continuar as melloras na zona monumental, partida que aumenta.

– Sen estes orzamentos varias asociacións veciñais, culturais e deportivas quedarían sen axudas. Asociacións de Augas veciñais, novas asociacións deportivas, ou a Aula de Teatro, entre outras moitas.

– Este orzamento contempla unha partida para CONVENIOS con outras Administracións, e aquí é onde se orixina a actitude faltona e nerviosa de César Fernández, quen sabe que agora o balón está no tellado da Deputación para que cumpra ao que se comprometeu no Pleno:

Financiamento da Deputación de: Auga A Groba/ As Chabolas, Auga Santo André, e a Pista nova do Pavillón Deportes.

– Este orzamento prioriza a contención no gasto, o Concello vai pagar 450 mil euros para pechar os seus préstamos bancarios, deixando ao Concello nunha situación financeira inmellorable.

Todas estas razóns son as que semellan que lles molesta a PP e Bng, que no lugar de manter unha oposición construtiva optan polas descualificacións e a estratexia de “canto peor para Ribadavia, mellor para eles”, chegando a xustificar os vetos da Deputación. Comprensible no caso do PP, porque son eles os que bloquean, incomprensible no caso da candidata do Bng.

Lamentamos a actitude da oposición no Pleno, con constantes faltas de respecto aos demais concelleiros e a propia institución.

O candidato do PP e a concelleira do Bng utilizaron os mesmo argumentos, e ambos pretenderon restar responsabilidade á Deputación de Baltar polos vetos aos proxectos presentados por Ribadavia, chegando a xustificar o veto e boicot da Deputación aos proxectos de Ribadavia.