Posición do BNG sobre a proposta de orzamento municipal de Ribadavia para 2023

A PARTIR DE XUÑO MELLORAREMOS A XESTIÓN DO CONCELLO PARA QUE OS ORZAMENTOS IMPULSEN O POTENCIAL QUE RIBADAVIA TEN

O grupo de goberno vai aprobar uns orzamentos intrascendentes

AVANTAR ACTIVIDADES

Ribadavia, 26 de xaneiro de 2023.

Un dos puntos a tratar no pleno municipal deste mes en Ribadavia é o dos orzamentos municipais para 2023.

Diante destes orzamentos que o actual goberno municipal vai administrar ate maio, a posición do grupo municipal do BNG é a abstención. A partir deste mesmo xuño queremos levar adiante unha xestión que faga da actividade municipal un activo para o desenvolvemento da nosa xente, algo que dificilmente se pode prever coas contas que se van aprobar hoxe por parte do grupo de goberno:

– Nun contexto de expansión dos orzamentos en todas as institucións, o concello de Ribadavia presuposta para 2023 (5.235.000€) menos recursos que o ano anterior (5.380.000).

– A diminución de recursos é por enteiro no capítulo 6, o dos investimentos: de 420.000€ en 2022 a 180.000€ en 2023, dos cales a maior parte van destinados á cofinanciación dunha obra.

 Polo demais, e como mostran os datos, o orzamento ven sendo o mesmo que o de 2022, cun aumento do gasto en persoal e en bens correntes e servizos.

Estes orzamentos son debatidos pola vía de urxencia, nin sequera se presentaron ás comisións informativas do pasado xoves día 19 e dende o grupo municipal do BNG só temos o documento sometido a votación no día de hoxe desde este luns día 23. Aínda así procuramos facer política propositiva e dende o BNG propomos unha serie de medidas que dende o goberno municipal apostamos por materializar a partir de xuño:

– A supresión durante 2023 da taxa de licenzas de apertura, para incentivar a actividade económica local.

– Propomos, conforme a moción aprobada en pleno en febreiro de 20222, a inclusión de partidas específicas para axudar á realización dos proxectos e actividades que realizan as asociacións:

Culturais (actos culturais e festivos, escolas e actividades lúdicas…)

Deportivas

Sociais (entidades benéficas e de promoción social)

Veciñais (traídas de augas, comunidades de montes, comisións de festas…)

E que ditas axudas sexan concedidas polo procedemento de concorrencia competitiva, conforme ás disposicións legais que o regulan.

– Recollido en anexo aos orzamentos municipais de 2020 a proposta deste grupo: