O Concello acometerá os arranxos de emerxencia na obra de drenaxe transversal na rúa Alberto Vilanova, no cruce co río Carrás

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O temporal rexistrado nas últimas semanas deixou danos e causou estragos en varios puntos do municipio do Carballiño, sendo o desprendemento de terra e o derrubamento dunha parte da rúa Alberto Vilanova, nas proximidades do Centro de Saúde carballiñés, o episodio máis grave dos rexistrados e o que ten causado o principal problema dos causados polas chuvias e as crecidas dos ríos e os cursos de auga que percorren o municipio.

O Concello acometeu os traballos de emerxencia para asegurar a zona e evitar problemas neste lugar, ao tempo que se foron desenvolvendo as tarefas de inspección e valoración dos danos sufridos, para elaborar o proxecto necesario para actuar neste punto e recuperar o trazado da rúa Alberto Vilanova, co obxectivo de restablecer o tráfico rodado neste punto e normalizar o paso de peóns que acoden diariamente ao Centro de Saúde.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Logo de analizar a situación xerada polos danos causados polo río Carrás, e de elaborar un proxecto de urxencia para actuar neste punto, o Concello do Carballiño acometerá a reparación da rúa Alberto Vilanova con fondos propios para dar unha solución aos problemas xerados polo temporal e restablecer o tráfico rodado e repoñer as infraestruturas afectadas. O proxecto foi redactado por José Ángel Rodríguez Rodríguez, enxeñeiro técnico de obras públicas e máster en enxeñeiro de camiños, canles e portos. O investimento para realizar o proxecto de reparación levará consigo o investimento de 127.270 euros.

Como se recolle no proxecto “Arranxos de emerxencia na obra de drenaxe transversal no río Carrás, no cruce con Alberto Vilanova” as abundantes chuvias rexistradas hai unhas semanas causaron danos graves na obra de drenaxe transversal existente sobre o río Carrás, coa conseguinte perigosidade para o tránsito pola zona. Entre os traballos de emerxencia incluíronse accións como a retirada de obstáculos na embocadura e augas arriba (troncos de árbore e outros materiais) que impedían o paso da auga e a limpeza do río augas abaixo (accións que se desenvolveron nos primeiros días deste ano). Tamén se procedeu a instalar, in situ, unha estrutura metálica para garantir o paso de peóns para facilitar o acceso ao Centro de Saúde e o IES nº 1 do Carballiño.

Con posterioridade rexistrouse o desprendemento dunha placa do firme, situada sobre a canalización de gas e a liña eléctrica, o que fixo necesario actuar para erradicar o grave risco que iso supuña. Para evitar futuros episodios de risco procedeuse a demoler unha boa parte do firme que quedara ao aire enriba da drenaxe transversal.

Unha vez finalizados estes traballos unha empresa especializada procedeu a comprobar o estado do interior da construción pola que discorre a canalización do río Carrás, empregando para iso un robot específico para este tipo de traballos. Tamén se fixo unha inspección visual para comprobar o estado da tubaxe.

 Logo de acometer estes traballos o Concello do Carballiño procederá agora a executar o proxecto para reparar os danos neste lugar. Entre as actuacións a desenvolver no lugar figuran accións como retirar os materiais danados, demoler o pavimento existente na zona de actuación, retirada das zonas afectadas polas augas, instalación de tubaxe para mellorar a capacidade de desaugue de drenaxe transversal, tratado con formigón dos parámetros afectados, creación de muros de cachotería, recheo da zona con material seleccionado, acondicionamento das instalacións afectadas, execución do novo firme de aglomerado na zona de obras e rehabilitación da tubaxe metálica existente, entre outras iniciativas.