O concello estuda a adquisición de terreos para ampliar o campo de Espiñedo

A concelleira de Deportes do Carballiño, Silvia Baranda, mantivo unha reunión no Consello Superior de Deportes co Secretario de Estado para o Deporte, José Manuel Franco. Na mesma, trataron a actual situación das instalacións deportivas da vila e falaron sobre as posibles colaboracións entre as dúas administracións para afrontar melloras neste eido.

Por exemplo, no pavillón do Paco Chao, na Uceira ou no Espiñedo. Deste último que acabamos de falar, o proceso será algo máis longo. A idea inicial é crear outra bancada de gradas paralela á actual, pero o primeiro paso será a adquisición de terreos ós seus propietarios.

AVANTAR ACTIVIDADES