A Mostra de Teatro de Ribadavia aproba as bases do 18º PREMIO ABRENTE de Textos Teatrais

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Ribadavia, a través da MIT, aproba as bases da edición de 2023, un ano que estará marcado pola celebración desta significativa andaina, crucial para que se dese en Ribadavia o debate sobre a profesionalización do teatro galego e que marcase á localidade ourensá como a capital das nosas Artes Escénicas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este anuncio é un dos primeiros pasos de cara á organización das actividades que terán lugar na edición de 2023 da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, que se celebrará entre o 15 e o 23 de xullo.

O Premio Abrente é un dos principais certames de creación teatral do país e está conectado coa memoria e recoñecemento a aquel impulso colectivo e solidario do asociacionismo sociocultural, do teatro independente que soñaba cun futuro democrático e de modernización das nosas artes. O novo Abrente, creado xa na nova etapa intertnacional do festival, quere revalidar ese espírito de fomento á creación galega en sintonía coas relacións internacionais que promove a MIT, entendida coma un servizo público para a sociedade galega do presente. O Premio conta cunha dotación de 3.500€, a tarefa de edición e divulgación da obra premiada e o acompañamento do festival para a súa posta en escena, na medida das posibilidades e dos intereses do autor/a.