Castrelo de Miño acolle este sábado o Campionato Galego de Inverno de piragüismo de K4 e C4

Presentación do Campionato Galego de Inverno K4-C4 de piragüismo en Castrelo de Miño. Asisiten Rosendo Fernández (Vicepresidente da Deputación Ourense), Carlos Bericat (representante de deportes da xunta de Galicia), Avelino Pazos (Alcalde de Castrelo de Miño), José Alfredo Bea García (Presidente da Federacion galega de Piragüismo) e Pedro Andrés García (Presidente do Clube Fluvial de Avión).

Castrelo de Miño acollerá este sábado, 4 de febreiro, o Campionato Galego de Inverno K4-C4, que servirá de arrinque de tempada para o piragüismo galego na disciplina de augas tranquilas. 

A presentación desta proba tivo lugar hoxe no Pazo Provincial e contou coa presenza do vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández;  o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Fredi Bea; o coordinador de Deporte Escolar da Xunta de Galicia en Ourense, Carlos Bericat; e o presidente do club piragüismo Fluvial Avión-Castrelo de Miño, Pedro Andrés García.

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta competición, organizada pola Federación Galega de Piragüismo coa colaboración da Deputación de Ourense, celebrarase o vindeiro sábado en xornada de mañá e tarde, e contará con 732 deportistas inscritos pertencentes a 26 clubs de toda Galicia, repartidos entre as categorías infantil, cadete, xuvenil, sénior e veterán. En canto á distancia da proba, esta será de 3.000 metros para todas as categorías.