Manuel Baltar recibe ao novo subdelegado de Defensa en Ourense, Jesús Antonio Peñas Preckler

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, recibiu esta mañá no Pazo Provincial ao novo subdelegado de Defensa en Ourense, o coronel do Exército de Terra Jesús Antonio Peñas Preckler, que substituíu recentemente no posto a Gustavo Doncel.

Nesta xuntanza, Manuel Baltar e Peñas Preckler abordaron temas relativos ao labor do exército na provincia de Ourense, e en particular o relativo ao traballo de colaboración que ten realizado de apoio, vixilancia e prevención de incendios forestais a través da UME, en colaboración coa Xunta de Galicia e coa Deputación de Ourense. Ademais, tamén falaron sobre todos os servizos que presta a Deputación nos concellos da provincia.

AVANTAR ACTIVIDADES