O concello do Carballiño celebra hoxe xoves o pleno ordinario de xaneiro

A corporación municipal do concello do Carballiño celebra mañá xoves o primeiro pleno do ano, o correspondente ó mes de xaneiro.

O goberno local leva unha modificación puntual do PXOM para regularizar os edificios fora de ordenación.

AVANTAR ACTIVIDADES

En canto ó control da oposición, Sofía García, voceira do Grupo Municipal do BNG, pide impulsar de inmediato un Plan de Mobilidade Urbana Sostible, que inclúa entre outras cuestións as medidas urxentes de mellorar a mobilidade peonil e a seguridade vial. 

Espazo Común leva dúas mocións para o seu debate. Nunha delas propoñen a creación dun grupo de traballo composto por membros de tódalas corporacións, representantes veciñais, técnicos municipais e técnicos das administracións superiores para estudar a reconversión da estrada N-541 con variantes nos concellos de Cerdedo-Cotobade, Soutelo e O Carballiño.

Na outra moción, propoñen a elaboración dun plan que permita recoller tódolos puntos negros relativos a zonas inundables e un estudo pormenorizado de cada un deles para o seu arranxo.