O Arenteiro recibe á Gimnástica de Torrelavega e o Sporting viaxa para xogar co Allariz

O Club Deportivo Arenteiro xogará este próximo domingo na casa, en Espiñedo. Recibirá á Gimnástica de Torrelavega ás 12:00 horas. Agora mesmo suman 42 puntos, que lles da oito de diferencia co segundo da táboa, o Guijuelo, sendo líderes indiscutibles. Este domingo, gañando, poderían conseguir os puntos que lles garanten a permanencia e seguir soñando.

Pola súa banda, o Sporting Carballiño, xogará tamén o domingo, ás 16:30 horas, fronte o Allariz, neste caso fora da casa, na Cidade Deportiva O Seixo.

AVANTAR ACTIVIDADES

E falando do campo da Uceira, onte na sesión plenaria anunciáronse novidades sobre a reforma da herba deste campo, que se executará tratando de interromper o menos posible a actividade.