A Deputación reforzará a colaboración co Concello da Merca en materia de prevención de incendios forestais e patrimonio

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, mantivo esta mañá un encontro de traballo co alcalde da Merca, José Manuel Garrido 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 3 de febreiro de 2023.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, mantivo esta mañá un encontro de traballo no Pazo Provincial co rexedor do Concello da Merca, José Manuel Garrido, para facer un repaso da situación do concello e dos proxectos que están en marcha, así como para avanzar novas liñas de colaboración entre ambas administracións.

Manuel Baltar confirmou o apoio a dúas iniciativas presentadas polo alcalde da Merca. Por unha banda, o Concello solicitou un tractor de roza para a prevención de incendios forestais, apoiándose no convenio asinado pola Deputación de Ourense -a única das catro deputacións galegas en facelo- coa Consellería de Medio Rural en materia de lumes. Ademais, o goberno provincial tamén colaborará co Bispado de Ourense na reparación do muro da igrexa románica de San Pedro da Mezquita.

O presidente da Deputación de Ourense resalta o “excelente traballo realizado a prol da Merca por parte de José Manuel Garrido e todo o seu equipo”, e pondera a importancia destas xuntanzas de traballo para “coñecer de primeira man as necesidades dos concellos e os seus veciños, e poñer toda a maquinaria da administración provincial a súa disposición”.