A feira do viño do Ribeiro abre o prazo de inscrición

A Feira do Viño do Ribeiro terá lugar os días 28, 29 e 30 de abril, en Ribadavia, celebra este ano a súa 60º edición

Ribadavia, 3 de febreiro de 2023.-  A organización da Feira do Viño do Ribeiro comunica que a edición deste ano (que será a 60ª) terá como data de celebración do evento os días 28, 29 e 30 de abril de 2023, no recinto da Alameda de Ribadavia.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tras unha primeira reunión con adegas e colleiteiros no Concello de Ribadavia, a quen comunicóuselles o formato, datas e prazos para esta nova edición da Feira do Viño do Ribeiro, así como a apertura do prazo de inscrición para adegas e colleiteiros ata o vindeiro xoves 9 de febreiro, ás 14.00 h.

Esta edición será especialmente emotiva por diversos aspectos, que serán desvelados máis adiante, pero ante o 60 aniversario dun evento tan importante e arraigado, tanto na comarca do Ribeiro como en Galicia en xeral, a previsión de participación agárdase que sexa moi positiva.

Nos vindeiros días daranse a coñecer máis novidades e información sobre o evento, así como o cartel.

Mentres tanto, poderase seguir toda a información sobre a Feira do Viño do Ribeiro na web www.feiravinoribeiro.com