A Deputación reforza o apoio ao plan formativo de Atave para facer fronte aos cambios no sector da automoción

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Baltar, que recibiu no Pazo Provincial aos directivos da Asociación provincial de Talleres de Reparación de Vehículos (Atave) –o presidente Ricardo Borrajo e o vicepresidente Marcos Fernández-, subliñou o traballo que realiza esta entidade para atender as necesidades formativas dos asociados ante “a novas formas de mobilidade e sistemas tecnolóxicos que incorporan hoxe os vehículos” 

Ricardo Borrajo, na súa primeira reunión co presidente da Deputación tras chegar á presidencia da asociación o pasado ano, detallou os tres eixos formativos nos que traballa Atave: mellora da xestión empresarial;  adaptación a vehículos eléctricos, híbridos e novos sistemas de seguridade; e tramitación de peritaxes e valoracións” 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 4 de febreiro de 2023.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial aos directivos da Asociación provincial de Talleres de Reparación de Vehículos (Atave) –o presidente Ricardo Borrajo e o vicepresidente Marcos Fernández-, cos que abordou as necesidades de adaptación do sector aos cambios que experimenta a automoción. Unha actualización imprescindible “que pasa por potenciar a formación dos profesionais, aspecto no que goberno provincial reforzará a súa colaboración con Atave”, avanzou Manuel Baltar. 

O presidente da Deputación, que puxo de manifesto “a total disposición que sempre mostramos a cooperar cun importante sector como a reparación de vehículos”, recolleu a solicitude do presidente de Atave para atender as necesidades formativas dos asociados, consciente das “novas formas de mobilidade e sistemas tecnolóxicos que incorporan hoxe os vehículos”. 

Ricardo Borrajo, na súa primeira reunión co presidente da Deputación tras chegar á presidencia da asociación o pasado ano, referendou as palabras de Manuel Baltar ao destacar que “a formación continua é básica para a nosa actividade, suxeita aos cambios que se producen pola gran transformación da automoción, incluídos os tecnolóxicos”.  

O presidente da asociación, que convidou a Manuel Baltar a visitar as instalacións de Atave, explicou os tres eixos básicos sobre os que xira o plan formativo de formación: Así, referiuse á mellora da xestión empresarial, dado que a meirande parte dos asociados son empresas pequenas de autónomos; a adaptación aos vehículos eléctricos, híbridos e os novos sistemas de seguridade; e á tramitación de peritaxes e valoracións no capítulo de carrocería. 

Atave iniciou a súa actividade en 1956, sendo o primeiro colectivo sectorial inscrito no rexistro de asociacións de Ourense, no ano 1967. Na actualidade conta con máis de 360 asociados, tanto talleres como concesionarios, o que supón máis do 90 % das empresas da provincia e con representación en todas as comarcas.