Un vídeo, un novo tríptico e unha guía didáctica axudaránlle aos e as visitantes a entender mellor os elementos expositivos e as actividades que se desenvolven dende o Padroado e dende a asociación de artesáns da Limia, Limiar.
Hoxe, día 1 de febreiro, presentámoslle aos medios as novas publicacións promocionais do Padoado do Museo da Limia e da Asociación de Artesáns Limiar.
Trátase dun vídeo
cofinanciado pola Consellería de Cultura e polo concello de Vilar de Santos, un tríptico explicativo das distintas salas e unha guía didáctica (editada coa axuda da Secretaría Xeral de Política Lingüística).
Tanto no tríptico como na guía profundizase nos contidos do Museo, nos da Asociación de artesáns da Limia, Limiar, e explica a configuración dos órganos reitores (Xunta Directiva e Consello Asesor, composto por máis de 30 limaos e limiás). Ademais disto, tamén fai referencia a importancia de actividades relevantes organizadas polas entidades que operan no Museo como: Conversa na taberna, que serve de foro periódico para debater sobre materias relacionadas co territorio e coa xente da comarca, Premio Pedra Alta, que recoñece o labor de persoas ou institucións que inciden no desenvolvemento cultural, social, medioambiental… das Terras do Limia e outras iniciativas sobradamente coñecidas.
Tamén foi presentada a separata do número 14 da Revista Lethes: “A arracada de Vilar de Santos. A forma e o simbolismo”, onde Bieito Pérez Outeiriño presenta a singularidade desta peza castrexa tan significativa para a identidade vilarsantesa e galega.
(https://gl.wikipedia.org/wiki/Bieito_P%C3%A9rez_Outeiri%C3%B1o)
O vídeo, o tríptico e a guía didáctica foron elaborados por Xeitura Coop-xestión integral do Patrimonio e a publicación sobre a arracada de Vilar de Santos é unha separata do núm. 15 da revista Lethes, publicada pola Deputación provincial.