O BNG de Barbadás leva ao Pleno deste luns a implementación de sistemas municipais de compostaxe

Con esta medida, desde o BNG buscan que as porcentaxes actuais de residuos, que hoxe en día en Barbadás son anecdóticas, poidan incrementarse a cifras como as que manexa o Concello de Allariz que ronda o 50 % do total dos residuos

Barbadás, 05 de febreiro de 2022. Segundo argumenta o Grupo municipal do BNG na súa moción, a aprobación da nova lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular, implica que os concellos teñan que implantar antes do 31 de decembro do ano no que andamos o tratamento separado dos residuos orgánicos de orixe doméstico, aínda que no caso de Barbadás, ao ter máis de 5.000 habitantes, esta obriga debera estar implementada a comezos deste ano. Neste sentido a Xunta plantexa unha rebaixa do 15% do canon que as administacións locais pagan a SOGAMA sempre que se poña en marcha esa recollida selectiva dos biorresiduos a través do quinto colector ou colector marrón.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para o Portavoz municipal Sarín Núñez, “segundo a xente que entende nesta materia, pénsase que esto será irrealizable e inviable”, e engade, “non tanto polo transporte dos residuos ata Leiro ou as instalacións que se pretenden construír en Verín, a cuestión vai ser como se xestiona a recollida en concellos con ducias e ducias de núcleos de poboación, xa que esta recollida non pode ser diaria polo que cómpre preguntarse que sucederá cando teñamos os 40 graos que sufrimos aquí na época estival”.

Entenden desde o BNG que cómpre articular sistemas similares os que se teñen implementado noutros concellos desde hai anos, actuacións que irían no seguinte sentido. Incrementar o reparto entre a veciñanza do rural dos composteiros individuais. Habilitar determinadas zonas de compostaxe comunitario nas distintas parroquias. Valorar a materialización dun servizo de recollida “porta a porta” para os negocios de restauración, CEIP´s, peixerías, carnicerías, etc. Creación de zonas de compostaxe comunitario así como a habilitación de zonas de acopio de biomasa.

Segundo Núñez “ao tempo que se implanta este novo servizo de compostaxe municipal, habería que pór en marchar campañas de sensibilización entre a veciñanza, para que o que nun principio sexa un acto voluntario, de sentido común, se acabe convertendo nunha obriga para os particulares e os negocios ubicados en Barbadás para que as porcentaxes actuais de residuos, que hoxe no noso concello, poden ser meramente anecdóticos poidan incrementarse a cifras como as que manexa o Concello de Allariz que ronda o 50 % do total dos residuos”.