Participación no programa PIALE (progrma de inmersión e adquisición de linguas estranxeiras) por parte dunha profesora do IES O RIBEIRO.

Durante o pasado curso académico 2022-2023, unha profesora  de lingua galega  do IES O Ribeiro participou no programa PIALE da Consellería de Educación.

Durante o mes de novembro, ela, xunto con outros 19 profesores de toda Galicia, estiveron na cidade de Porto,en Portugal coa fin de perfeccionar o idioma portugués, e ao mesmo tempo, vivir unha experiencia educativa, e comparar o sistema educativo portugués co galego.Todos os seus gastos de transporte,estadía e manutención,correron a cargo do Piale.

AVANTAR ACTIVIDADES

A profesora destacou que a experiencia foi moi motivadora para ela e os seus compañeiros pois serviulles para mellorar a competencia lingüística nunha lingua estranxeira, neste caso,o portugués, así como coñecer o funcionamento e a realidade dun centro de secundaria estranxeiro, coñecer as condición laborais do profesorado doutro país, ampliar coñecementos culturais por medio do acceso a actividades diversas no destino e establecer relacións persoais con profesionais doutros centros educativos galegos e de centros educativos no estranxeiro.