A unidade móbil de doazón de sangue estará o venres en Ribadavia

O autobús móbil da Unidade de Doazón de Sangue desprazarase este vindeiro venres ó concello de Ribadavia, ubicándose fronte á Igrexa do Portal, diante dos “Xardinillos”, dende as 10:00 horas ata as 14:15 horas e dende as 16:00 horas ata as 21:00 horas.

Lembramos a importancia de colaborar ca doazón de sangue para manter as reservas dos hospitais.

AVANTAR ACTIVIDADES

Recordamos que pode acudir calquera persoa con ou sen cita previa, que estea san, sexa maior de 18 anos e menor de 65 anos, non ter unha cirurxía, tatuaxes ou perforacións en menos dun ano, pesar máis de 50 quilos e non estar tomando medicamentos.