Afundación continúa a súa programación de artes escénicas para escolares en inglés con What Monster? en Ourense

Un total de 1508 escolares de quinto e sexto de primaria de 31 centros educativos de Ourense e bisbarra desfrutarán, da man de Afundación, de What Monster?, os días 8 e 9 de febreiro (ás 10.00 e ás 12.00 h) no Auditorio Municipal de Ourense

07.02.2023 Un total de 1508 escolares de quinto e sexto de primaria de 31 centros educativos de Ourense e bisbarra desfrutarán, da man de Afundación, de What Monster?, os días 8 e 9 de febreiro (ás 10.00 e ás 12.00 h) no Auditorio Municipal de Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES

O teatro participativo, como propón What Monster?, de On Stage Company, é unha das ferramentas máis útiles, prácticas e divertidas para aprender o inglés. Esta peza teatral narra o que podería acontecer se un monstro nos axudase a enfrontarnos a aquilo que nos arrepía, pero existe un problema: a lei dos monstros é clara, toda axuda ten un prezo! Quereriamos pagalo? Esta divertida obra de teatro articúlase a partir da participación do público, unha experiencia práctica e divertida para asimilar novos coñecementos e aprender a expresarse en inglés.