Dobre carteleira no Novo Cine de Leiro para esta fin de semana

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Novo Cine de Leiro oferta para esta fin de semana doble carteleira, repetindo os éxitos da pasa semana. Por unha banda, “El asombroso Mauricio”, un gato vagabundo, ten a estafa perfecta para gañar cartos. Atopa un neno que toca a frauta e faise amigo da súa horda de ratas que falan para que non as vexa como comida. Poderase ver o venres, sábado e domingo ás 16:00 horas.

E “Una herencia de muerte”. Dúas irmás, que case non conseguen seguir o ritmo da súa ruinosa cafetería, ocorréuselles unha idea para saír da pobreza: gañarse á súa acomodada tía Hilda, que padece unha enfermidade terminal, e lanzarse ao terreo de xogo. Poderase ver o venres, sábado e domingo ás 18:15 horas e ás 20:30 horas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO