Mañá venres, Ruta das Tapas adicada ós pratos de cortello en 13 locais do Carballiño

Este segundo venres do mes de febreiro, o concello continúa ca Ruta das Tapas, adicadas ós pratos de cortello, guiño especial o Entroido e á Festa da Cachucha que está a piques de celebrarse. Serán de novo 13 locais de hostalaría os que participan na iniciativa o primeiro e segundo venres de mes. O concelleiro de cultura, Diego Fernández, recordou que os premios desta edición serán de 1+14 amigos, desfrutando de experiencias gastronómicas cos tres colaboradores: Pazo Tizón, Estrella Galicia e a Asociación de Pulpeiros.

O Centro Comercial Aberto colabora unha vez máis ca iniciativa e tamén outras entidades como os viños Pazo Tizón e a Asociación de Pulpeiros do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES