O Carballiño e Maside constitúen a Xunta Directiva da Macomunidade para o novo polígono empresarial

Membros das corporacións municipais dos concellos do Carballiño e de Maside reuníronse hoxe para conformar a Xunta Directiva da Mancomunidade de Augas, paso indispensable para poñer en marcha o proxecto do novo polígono empresarial. O presidente é o alcalde do Carballiño; o vicepresidente, o alcalde de Maside, e os demais representantes municipais actuarán como vogais. Despois, será validada pola Confederación Hidrográfica.
Neste caso, respéctase a concesión existente, na que un 15% correspóndelle a Maside e o restante ó Carballiño. Seguidamente recibirán os beneplácitos sectoriais, e continuará así este proxecto de gran importancia.
Este é un paso necesario para a creación do futuro parque empresarial, que terá unha dimensión superior ó millón de metros cadrados. Para ambos é unha necesidade, xa que actualmente non contan con solo dispoñible para as empresas que solicitan ubicación aquí. Isto permitirá tamén ampliar os sectores empresariais punteiros na creación de emprego local.