Con motivo da vindeira celebración do día de San Valentín, dende Carballiño Centro Comercial Aberto lanzan unha campaña para incentivar as compras no comercio local.
Este ano a campaña desenvólvese baixo o eslogan “AMOR A PRIMEIRA VISTA?.. ENTRA!!”. Ata o 14 de febreiro todos os clientes que realicen unha compra igual ou superior a 20€ nalgún dos establecementos asociado, poden participar nun sorteo de dúas experiencias balneario en parella nas Caldas de Partovia que inclúen acceso a piscinas, baño ying yang e envoltura de cacao.
Para participar, só teñen que enviar unha foto do ticket de compra a carballinocca@gmail.com. O sorteo realizarase en directo o día 15 de febreiro as 12:00h desde as redes sociais da asociación.