O futuro novo centro de saúde de Boborás comeza a coller forma. O primeiro paso do que se está encargando o concello é da urbanización da parcela para a execución do que será a zona de aparcamento. Estas obras están xa en marcha, do mesmo xeito ca continuación da beirarrúa dende a rúa colindante e tamén contempla o saneamento e a iluminación. Na ubicación na que estará emprazado están tamén en marcha obras coma a futura piscina ou as melloras no colexio.
Agora comezará o proceso de selección de proxectos que definirá como será o centro de saúde. Houbo sete propostas presentadas e será a consellería de Sanidade quen elixa cal será a máis idónea para as necesidades do concello e do persoal. A alcaldesa, Patricia Torres, estima que para finais deste ano 2023 se inicien as obras da edificación, xa que esta é unha obra máis longa que está proxectada para ano e medio de proceso.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.Estou de acordoAviso legal e Privacidade