O Concello de Ribadavia celebra o acordo acadado con Deputación e Xunta para realizar a obra do Saneamento e Subministro da Auga da Groba e As Chabolas.

 Despois de anos de reivindicacións por parte de Concello e da  veciñanza, por fin se consigue o apoio de Xunta e Deputación para un investimento que supera os 600 mil euros.
Esta reivindicación intensificouse nos últimos tempos. Así, en Xullo deste ano o Concello aprobou unha nova Moción para a realización desta obra, que inclúe unha rede nova de saneamento e subministro da actual auga veciñal, e sumándose estes núcleos á rede municipal. 
Tamén, máis recentemente,  o pleno de outubro aprobou de novo unha Moción que recordaba o proxecto e na que se pedía o financiamento da Deputación para este proxecto. 
O Concello ten aprobada unha partida no Orzamento 2023 para convenios con outras Administracións, xustamente para abordar este tipo de financiamento por parte de Deputación e Xunta. 
O Concello comprometese a participar no financiamento e agradece a colaboración  da Xunta e Deputación no proxecto.
Recordamos que na última actualización do Proxecto da Obra, que databa do ano 2015, supón unha suba do 25%, pasando de 522 mil euros a 655 mil, 133 mil euros máis. 
Este documento foi remitido polo Concello no mes de novembro de 2022 á Deputación e á Xunta.
O Concello celebra que por fin despois de tantos anos á Deputación e Xunta se comprometan a financiar un proxecto presentado reiteradas veces por parte do Concello, e que existe desde 2015.
O Concello comprometese a participar no financiamento e agradece a colaboración  da Xunta e Deputación no proxecto.

– Agora, desde o Concello agardamos que o compromiso da Deputación e Xunta con Ribadavia continúe,  xa que son moitos os proxectos presentados nestas Administracións que tamén merecen da súa cooperación, e que o Concello recordou na xuntanza de hoxe, entre outros:
– Cooperación para a obra da nova captación do río Miño. 
– Nova pista deportiva no Pavillón Municipal de Ribadavia.

AVANTAR ACTIVIDADES