O Consello Regulador do Ribeiro entrega o cheque solidario do ciclo “Cata e arte”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O C.R.D.O. Ribeiro xunto co Centro Cultural Marcos Valcárcel, uníronse a favor da asociación sen ánimo de lucro AODEMPER, Asociación Ourensana de Esclerosis Múltiple, Párkinson y Enfermedades Raras, a través da oitava edición do ciclo “Cata a Arte”. Unha serie de catas benéficas que tiveron lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel durante os xoves do mes de novembro e cuxa recadación se dirixiu integramente a AODEMPER.

Fíxose entrega nun sinxelo acto á presidenta da asociación, Susana Fernández López, da doazón do recadado (800,80€) durante as cinco catas celebradas a finais do ano pasado, onde os asistentes ofrecían un donativo. O evento tivo lugar esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense) e contouse coa presenza do presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Casares Gándara e o director do Centro Cultural, Francisco González Bouzán.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

AODEMPER

É unha entidade sen ánimo de lucro, independente e libre, que leva dende 1996 ao carón das persoas con Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras da provincia de Ourense e das súas familias. Algúns dos servizos que ofrecen son os de psicoloxía clínica, fisioterapia, logopedia, traballo social e educación social. Os seus principais valores son interese polas persoas, responsabilidade social, integridade, orientación ao cliente, compromiso cos resultados e colaboración e traballo en equipo..