O PSOE do Irixo pide maior prevención de incendios de cara o verán

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo INSTA Ó ALCALDE E O GOBERNO MUNICIPAL A QUE EMPECE A TRABALLAR NO IRIXO PARA PREVIR O LUME DO VERÁN.

Son xa varias veces nestes anos, nas que os socialistas levan aos plenos mocións relativas a adoptar medidas preventivas e de protección fronte o lume, aportando ideas e aseguran que o alcalde e o seu grupo de goberno nada fixeron.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou novamente unha MOCIÓN INSTANDO Ó CONCELLO A QUE SE EMPECEN A ADOPTAR MEDIDAS PREVENTIVAS E DE PROTECCIÓN FRENTE O LUME AHORA NO INVERNO PARA QUE NON ARDA NO VERÁN.

Consideran imperativo, que visto o sucedido o pasado verán, onde case arden varios pobos mentres as brigadas de incendios non sabían onde poder cargar auga ou cómo chegar polo monte aos pobosé imprescindible e necesario a xeolocalización dos tanques de incendios para que as brigadas cun xps teñan coñecemento e fácil acceso os puntos de auga así como a tódolos camiños forestais dos montes do Irixo.

Os socialistas plantexan entre outras moitas propostas;

1º.- Acometer a xeolocalización dos tanques de incendios para que as brigadas cun xps teñan coñecemento e fácil acceso os puntos de auga así como a tódolos camiños forestais dos montes do Irixo.

2º.- Empezar xa a limpar e manter limpo os camiños forestais e os perímetros de seguridade en tódolos pobos do concello.

3º.- Iniciar os trámites para ter operativas xa as brigadas de prevención e extinción de incendios e que empecen a manter limpos os camiños forestais e os perímetros de seguridade en tódolos pobos do concello.

4º.- Instalar en cada pobo bocas de incendios conectadas ós depósitos de auga, dotando os veciños e veciñas dos pobos de mangueiras ó efecto para que poidan usalas en caso de necesidade.

5º. Construir máis tanques de incendios e  limpar e recuperar os tanques e pantanos de regadío xa existentes en tódalas parroquias para a extinción de incendios, como o pantano do ferrocarril no monte de San Cosme totalmente abandoado e xa reclamado nos últimos anos.