UNED Ourense actualiza a súa imaxe externa

O Centro Asociado ha renovado, despois de 31 anos, o seu cartel exterior no acceso rodado e outro no interior, adecuándoos á nova imaxe corporativa da Universidade pública máis grande de España.

OURENSE, 8 de febrero de 2023.

AVANTAR ACTIVIDADES

UNED Ourense renova a súa imaxe externa nas súas instalacións. Desde hai unhas horas cambiou o contido do cartelón que anuncia a presenza do noso centro universitario na urbanización Torres do Piñeiro. Tanto este cartel grande no exterior como o que se colocou na entrada do centro asociado, renovan a imaxe do mesmo adaptada á liña de comunicación corporativa da nosa Universidade.
Durante trinta anos o cartel no muro de acceso xunto á rampla anunciaba a presenza da UNED con caracteres en azul sobre un fondo branco e a rosa dos ventos, que é o escudo da UNED, no centro. Ese cartel cumpriu con fartura a súa función informativa ata quedar obsoleto no seu deseño.


Grazas ao impulso dado desde o departamento de Comunicación de UNED Ourense, cambiouse o deseño do cartel de modo que concorda plenamente coa comunicación que marca a imaxe de toda a Universidade, que é a máis grande de España en número de estudantes e ten o campus máis extenso de Europa
Na entrada do propio centro universitario ourensán pode verse outro cartel, á dereita, coa mesma liña de deseño no verde corporativo co que tamén se identifica a UNED Ourense, do mesmo xeito que os outros 60 centros da UNED en todo o territorio español e os máis de 20 no estranxeiro.
“En UNED Ourense non somos alleos á boa comunicación e iso implementamos fai xa máis de catro anos, de modo que o noso plan de comunicación non ten fin, nunca está pechado nin completo pois o imos mellorando día a día, mes a mes. Agora tócalle aos nosos carteis de localización. Xa dixemos noutra ocasión que a comunicación en todas as súas facetas é fundamental en UNED Ourense e que está sempre en sintonía coa xeral da nosa Universidade. Mantela cada xornada supón un esforzo ao que non renunciamos ningún día da semana”, sinala o director, Jesús Manuel García Díaz, impulsor do plan de comunicación deste centro, que cambiou e continúa transformando a imaxe do mesmo nos últimos anos. E que engloba toda actividade dentro das súas instalacións.
A comunicación de UNED Ourense pode seguirse a través de: