O Carballiño: A rúa Tomás María Mosquera nos anos 60. Comercios e profesionales. ( II )

Serán posibles as publicacións sobre o Carballiño dos anos 60, porque Santiago Cacho Rodríguez accede a darnos o consentimento para utilizar o seu blog:

O CARBALLIÑO, CALLEJERO AÑOS 60 (asruasdocarballino.blogspot.com)

AVANTAR ACTIVIDADES

Con este blog, Cacho tratou de lembrar e homenaxear aos comerciantes e profesionais que, coas súas respectivas actividades, contribuíron a manter viva a vila, na época da existencia da última rondalla da vila carballiñesa, e do grupo de música pop – rock “Los Poker”

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é Santiago-Cacho-callejero-2.jpg

Este grupo de mozos, moitos deles alumnos de Don Juan Corral, amenizaron os entroidos dos anos sesenta cos seus desfiles e actuacións durante tres anos. 

A crónica da curta existencia de ambas formacións queda contida no blog:

https://pulpopokers.blogspot.com/2019/08/lospoker.html

Os documentos escritos que Cacho inclúe no seu blog “Carballiño. Callejero años 60” proceden da prensa da época (Faro de Vigo e La Región), da revista “Ambiente” e, sobre todo, das actas de xuntas municipais e plenos e dos programas de festas de San Cibrao.

A maioría dos antigos documentos gráficos empregados no citado blog proceden da publicación de Miguel Anxo Fernández: “Vellas Historias Vellas Fotografías 1870 – 1970” (1992). Tamén se utilizaron fotos do álbum de Xosé Manoel Rodríguez González (Pichi): “O Carballiño 1869-1979 Álbum Fotográfico da Vila do Arenteiro” (2010), de José Luis Diz: “Xentes do Carballiño 1890 – 1990” (2016) , de “Potiños”: “O Carballiño, Industria e Comercio – 1925-1995″ (2019), cuxa selección e recopilación fotográfica foi feita por José Luis Diz Rodríguez e Manuel Blanco Guerra ” Celta “, e algunha achega de Moncho Fuentes.

A parte das fotografías propias do redactor, importante foi a achega de fotografías dos familiares dos comerciantes e profesionais citados.

BADAL NOVAS

Da grazas por poder dispor do dito blog e publicalo no noso medio, traducindo ao galego as notas e comentarios que aparecen en castelán no blog orixinal, completando ca nosa propia información sobre os profesionais e comerciantes e engadindo as novas fotos que achegaron os seus familiares. Agradecemos as fotos de MONCHO FUENTES e, sobre todo, as aportadas polo profesor do IES Nº1 JUAN VALCÁRCEL OBELLEIRO e o grupo de alumnos do curso 1991-92 ( Jaime Pérez, Patricia Paniagua, Mª José Vázquez, Encarna Rodríguez e Susana Rey ) que cursando a asignatura de Deseño fixeron un traballo sobre o urbanismo do Carballiño.



Rúa TOMÁS MARÍA MOSQUERA


Carballiño, 1947, Foto Alberto Martí

Tomás María Mosquera García (Castrelo de Cea, 10 de novembro de 1823 – Madrid, 30 de abril de 1890) foi un político español. Avogado, afiliado ao Partido Liberal, foi deputado por Ourense nas Cortes de 1869 tras A Gloriosa, cargo do que dimitiu en xaneiro de 1870 ao ser nomeado director xeral do rexistro da propiedade. Recuperou o escano en marzo do mesmo ano e foi reelixido deputado nas eleccións de marzo de 1871 polo distrito de Carballiño; en maio de 1872 polo distrito de Quebradillas en Porto Rico, en agosto de novo por Carballiño á vez que por Bande tamén en Ourense e por Coamo en Porto Rico, optando polo escano de Carballiño.

Ministro de Ultramar entre xuño e outubro de 1871, de Gracia e Xustiza interino en agosto de 1871, de decembro do 1872 a febreiro de 1873 (proclamación da Primeira República), novamente ministro de Ultramar e entre xaneiro e maio de 1874 (república autoritaria do xeneral Serrano) ministro de Fomento. Tras a restauración borbónica en España, en 1881 foi elixido senador por Ourense e en 1883 senador vitalicio e vicepresidente do Senado. (Wikipedia)

Na sesión Plenaria do 4 de maio de 1890 “Polo Presidente foi manifestado o falecemento do Ilustre fillo deste Partido, Vice-Presidente do Senado i Ex-Mi­nistro de Ultramar e Fomento EXCMO.SR.D.TOMAS MARIA MOSQUERA, e como recordo a quen lle representou en Cortes e tanto interese tomou en tódalas ocasións, dispúxose que a rúa chamada “DO COMERCIO” deno­mínese a partir de ahora “Calle de MOSQUERA” e a rotulada “ARQUIMI­DES” sexa sustituida pola de rúa “DEL MIÑO”.

Na Sesión plenaria do 12/08/1.917 : Renóvase a placa na que consta o nome do Ilustre Fillo D.Tomás María Mosquera, e ponse unha lápida nova na casa donde viviu o Ilustre Patricio.

Rúa Tomás María Mosquera desde a plaza do Retortillo

Na novela da condesa de Pardo Bazán, o personaxe de Don Victoriano encarna a Tomás María Mosquera. No seu capítulo IV, así describe dona Emilia ao ilustre político á súa chegada a Vilamorta (O Carballiño):

COMERCIOS, EDIFICACIÓNS, PROFESIONAIS…

RUEIRO DA RÚA TOMÁS MARÍA MOSQUERA


EMBUTIDOS VÁZQUEZ “GRILO”

Despacho de embutidos rexentado por MANUEL VÁZQUEZ LORENZO, familiarmente coñecido por “O Grilo”

Permiso para letreiro. 1963
Permiso para toldo, 1964

FARMACIA SANTAMARÍA

O farmacéutico CAMILO SANTAMARÍA LÓPEZ incorporouse como tal en 1933

Santamaría estaba casado con BERNARDINA PÉREZ CAMBESES, con quen tivo un fillo

Bernardina era irmá das propietarias da xoiería da Praza Maior

Bernardina Pérez Cambeses e o seu empleado Moisés Carral.

Permiso para letreiro luminoso. 1962

Santamaría exerceu como inspector farmacéutico municipal varios anos.

Memoria de inspección. 1961

Ao resultar inapropiado o vello edificio, Santamaría decide construír un novo.

Permiso de derribo. 1964
Permiso de obra nova.1964

Santamaría na comida homenaxe de despedida ao xuíz Rajoy.

O establecemento trasladouse ata que finalizaron as obras ao local que deixou baleiro o café ” Manolito” no número 8 da rúa.

Cédula de habitabilidad. 1965

Entre outros empregados, a farmacia contou con José Pérez Cambeses e cos irmáns Carral, César e Moisés. Este último permaneceu no posto ata a súa xubilación.

José Pérez Cambeses ca súa esposa
César e Moisés despachando.

TEJIDOS PASTOR

O propietario do edificio e do establecemento era PASTOR VARELA CASARES.


BAR “GITO”

Ademais da cacharrería, CESÁREO GAY VÁZQUEZ, familiarmente coñecido como “O Gito” e a súa esposa JOSEFINA PIÑEIRO GONZÁLEZ atendían a típica taberna de pobo.

Interior da taberna “Gito”

Traseira do edificio da taberna na rúa Cánovas del Castillo

FUNERARIA BANGA. LA SOLEDAD

El titular da empresa era JOSÉ MARÍA BANGA RODRÍGUEZ carpinteiro de profesión. 

Kiosco para la banda de música. Acta municipal de 15 de junio de 1910.
Coche fúnebre carrozado polos propietarios da empresa.

José María Banga estaba casado con Purificación Paz. O matrimonio tivo cinco mozos e cinco mozas.
Eles foron os que continuaron coa empresa, ata que montaron o taller mecánico en Calvo Sotelo.

Revista Ambiente, 1952
Permiso para rótulo solicitado por un hijo, 1957 (Ribero=Cánovas)



LAS NOVEDADES

Cando o matrimonio FELIPE LÓPEZ e MARÍA ASUNCIÓN GÓMEZ compráronlle a propiedade a Eugenio Rodríguez

Revista Ambiente, 1952

Na planta baixa do seu domicilio, MARÍA ASUNCIÓN GÓMEZ MUÑOZ, familiarmente coñecida como “MUÑECA”, da familia de “Os Reque”, tiña aberta esta tenda de modas.

Muñeca no interior da tenda
Muñeca na Eira de FLores (parte de arriba), no fondo almacens dos Parrondo e canella. Foto cedida por Felipe Senén
Faro de Vigo. 1961

         “Muñeca” estaba casada co dibuxante FELIPE LUIS LÓPEZ LÓPEZ”.

Felipe deu clase de debuxo no Colexio ” Corral ” e tamén fixo durante moitos anos a cartelería dos cines do Carballiño. Autor da maioría dos carteis da “Festa do Pulpo” e de moitos da Festa de Setembro.

Revista Ambiente, 1952
Foto Felipe Luis López ( Autor: Moncho Fuentes )
Felipe-Luis López (Foto Aurelio 1987)

Felipe foi tamén un dos que organizaron a primeira Festa do Pulpo e o autor do cártel da mesma ata que o sustitui o seu fillo Felipe Senén.

1ª edición da Festa do Pulpo ( Felipe a dereita )

Nesta entrevista da Voz de Galicia ( agosto de 1994 ) relata os comenzos da Festa e anecdotas da mesma. PREMER NA IMAXE

Nomeamento de concelleiro. 1964

O matrimonio tivo dous fillos: FELIPE SENÉN e GRACIA.

Felipe Senén López Gómez. Historiador-arqueólogo
Gracia e o seu fillo con Carlos Núñez.

BAZAR DON BENJAMÍN

Na planta baixa da súa vivenda familiar, o mestre nacional Don Benjamín González Sieiro montou nos albores do século XX o bazar que leva o seu nome. O bazar era tamén reloxería e tenda de comestibles

Na parte traseira da tenda, rúa Cánovas del Castillo, as irmás González Álvarez, Maruja, Marina e Jesusa coa súa nai Feliciana. Maruja foi a esposa do mestre do Grupo escolar don José Vázquez Senra, Pai de Benxamin e Joseíto.
Revista Ambiente, 1952
Na parte traseira da tenda, rúa Cánovas del Castillo, os outros irmáns González Álvarez, Gloria e Luís cunha descoñecida.
Permiso acordado para poder utilizar o escudo de Carballiño na louza. 1959
Permiso para modificar fachada. 1962

Os herdeiros modernizárono e mantiveron aberto o establecemento como bazar ata ben entrados os anos sesenta.

Programa festas, 1964

O seu neto Benxamín Vázquez González ( Xornalista e escritor ) publicou en badalnovas un ártigo onde relata lembranzas familiares ( Premer na Imaxe )

Recollemos parte do ártigo

Nacín en 1943 no 2º andar da rúa Mosquera, nº 37. A casa coñecíana coma do Benjamín porque era do noso avó, Benjamín González Sieiro, falecido en setembro de 1939, ou tamén coma das benjaminas, ao quedar nela as súas fillas. E a min puxéronme o mesmo nome do avó (aínda que o use dende hai moitos anos, literariamente, en grafía galega) por ser o primeiro neto que naceu trala súa morte

Ese era o noso fogar materno, onde tamén dous anos despois nacería o meu irmán Joseíto. A miña nai, Marina González Álvarez (Manzaneda, 1898-Santiago de Compostela, 1995) fora asistida daquela pola comadroa Ignacia Molina. O certo é que meu pai, José Vázquez Senra (Pobra de Trives, 1888-Santiago de Compostela, 1972) e mais miña nai, que casaran no Carballiño no 42, vivían daquela en Vigo, onde el era mestre na Escola Graduada do Areal; pero ela quixo que nacesemos na vila do Arenteiro porque, no caso de necesitalo, confiaba moito no médico Gamallo (non lembro agora o seu nome, pero sei que a súa dona se chamaba Carlota)que vivía no camiño do Parque, nunha casa amarela, ergueita nun solar que facía esquina á Avenida. Foi no curso de 1945 cando meu pai conseguiu o traslado de Vigo ao Carballiño, para quedar na vila ata a xubilación.

O mestre Vázquez Senra cos seus fillos Joseíto e Benxamín

Mais non quero perder o fio do relato sobre a nosa casa, con tres portas, boas de gardar. No primeiro vivían daquela a viuva de Benjamín e matriarca da familia Feliciana González Álvarez coas dúas fillas solteiras, Maruja e Jesusa, mais o neto maior José Luís, ainda que tamén pasaron longas tempadas nese andar María Jesús, Pancho, Serafín, Pilar, Emilio…Aquela avoa (que era nai de oito fillos) tiña azos e ás para acoller a todos.

No baixo estaba o comercio. Pola rúa Mosquera accediase ao Gran Bazar, para a venda de louza, obxectos de regalo, lámpadas de salón e xoguetes, e pola parte traseira, cara a Rúa de Cesareo Tizón e o val do Carras, entrabase á tenda de Ultramarinos, aínda que o comercio tiña o mostrador corrido, e o cliente asemade podía levar un kilo de azucre coma unha boneca, ou calquera outra cousa


ACADEMIA CAMPOS

O edificio no que se atopaban a Academia de Don José Campos e a Ferretería Soto era propiedade da familia Pereira.

A academia de Don JOSÉ RAMÓN CAMPOS VÁZQUEZ ocupaba o primeiro piso do edificio

Don José era orixinario de Boborás de onde foi alcalde.


FERRETERÍA SOTO

O establecemento creado por ANTONIO SOTO GÓMEZ ofrecía unha ampla gama de produtos.

Ao falecer o señor Soto, continuou co negocio a súa viúva LUCINDA, que contou como socios cos seus empregados, quenes seguiron co negocio ao morrer esta.

Programa festas de setembro, 1959

Faustino Cuiña, Manolo Otero, Laureano Caride e Lucinda

Tamén se incorporou ao equipo o xenro de Faustino Caride, FRANCISCO ALVAREZ, coñecido como “Paco Virola”, neto da señora Aurora, unha das coñecidas costureiras da Carreira, familiarmente chamadas “ As Marías”.


ABOGADO JOSÉ PRADA

Despedida do xuiz Rajoy

O avogado don JOSÉ PRADA GONZÁLEZ era fillo de MAXIMINO PRADA PÉREZ, procurador e alcalde de Carballiño nos anos vinte.

Pleno do 11 de abril de 1920

Na década que nos interesa, o señor Prada trasladou residencia e despacho da Praza dos Irmáns Prieto a casa construida neste número de T. Mª Mosquera cos irmaos Cerviño

El pleno desestima denuncia y da permiso para construir.1958

O señor Prada estaba casado con DOLORES MARTÍNEZ.

O matrimonio tivo dous fillos: PEPE e LOLITA.

Pepín Prada

DROGUERÍA PAJARIÑO

Ao abandonar o local da rúa Calvo Sotelo, ANTONIO PAJARIÑO DOPORTO instala a súa droguería no baixo de don José Prada, que lindaba coa ferretería Soto.

Permiso para letrero luminoso. 1962

PELUQUERÍA ELVIRA

A perruquería de Elvira estaba instalada no local que linda coa confitería Cerviño.

Elvira, casada cun funcionario de telégrafos, era nai de Amparo, casada con Antonio Pajariño, e de Javier, coñecido como “Mauro”, empregado do banco Pastor de Carballiño ata o seu traslado a Pontevedra.

Programa de festas de septiembre, 1963

CONFITERÍA CERVIÑO

ERMITAS VALEIRAS “ CHUCHA”, tía de LUCITA traballaba no HOTEL ROGELIA, onde se encargaba de facer a sobremesa – en especial as cañas.

Ao contraer matrimonio con ALFONSO CERVIÑO GONZÁLEZ, familiarmente coñecido como “O Chafallas”, ” Chucha” abandona o hotel e incorpora o seu saber ao da familia do seu marido, dedicada á elaboración de rosquillas e chocolate no seu domicilio da rúa Mosquera.

Permiso para construir. 1957

Fotografía cedida por Mª José Cerviño Valeiras. A familia no baixo da casa onde se iniciou a fábrica de chocolate, na rúa Mosquera. Na parte superior, de esquerda a dereita, Ermitas, Áurea , Maruja ( irmán da Chata ). O resto son Modesto o pai e a Chata coa nena Carmiña Caride, Alfonso e Luís
Fotografía cedida por Mª José Cerviño Valeiras. Áurea coa nena Carmiña Caride, a Chata, Alfonso ( Chafallas ) e Luís. Sentados, Serafín de Flores e Modesto Cerviño.
Fotografía cedida por Mª José Cerviño Valeiras. No forno facendo as rosquillas. Modesto Cerviño é o último á dereita. O neno do centro é o seu fillo Luís.

Ao relevar aos seus maiores, os irmáns Cerviño, ALFONSO e LUÍS e as súas respectivas esposas “ CHUCHA” e LOLA FERNÁNDEZ abren na nova edificación da rúa Mosquera a actual confeitería.

A substitución xeracional levarana a cabo os fillos. Os de Luís – LUÍS MARTÍN e “ PONCHO” – e as fillas de Alfonso – ROGELITA e MARÍA JOSÉ.

A familia Cerviño nunha homenaxe a Alfonso e Luis

O colaborador de badalnovas Xulio Álvarez Crespo publicou 2 interesantes ártigos sobre os Cerviño e as cañas. Pódense ver nos seguintes enlaces. Premer nas Imaxes:

Historias do Carballiño: do canteiro de Aguasantas ata ás cañas do Cerviño(1)

Historias do Carballiño: das rosquillas, chocolate e cañas. Os Cerviño no Carballiño (2)

HOTEL BOLERA

A fachada principal do edificio daba á praza Agustín Retortillo, así chamada desde 1897, data na que a Corporación municipal decide dedicala a ese político , deputado a Cortes por Carballiño. Hoxe, dedicada a dona Emilia Pardo Bazán, desde xullo de 1960.

La Región, 07/08/2008: “HACE 75 AÑOS”

BARBERÍA “MARCOL”

O edificio no que se atopaba esta barbaría cambiou de propietario a mediados da década dos sesenta. Posteriormente quen se ocupou da barbería foi Jesús Pérez Pérez máis conocido por ” Ballena “, veciño de Vilar.

Cambio de titularidade. 1965

Na planta baixa atopábase a barbaría rexentada por BERNARDINO VELEIRO, por todo o pobo coñecido como “ Marcol”.

“ Marcol” estaba casado con LOLA BRAVO, coa que tivo dous fillos, JUAN e CESÁREO, xerente do comercio de tecidos Gavilán.


TELEGRÁFOS

A oficina estaba entón dirixida por Pablo Pereira, ao mando dos oficiais Mauro Rodríguez e David Chao.

David Chao estaba casado con Concepción Novoa, pais de Francisco Chao “Paquiño”, o oficial máis novo de entón.


MERCERÍA CONCHITA

O edificio era propiedad de ENRIQUE PEREIRA GARCÍA.

Permiso para abrir escaparate. 1958
Permiso para letrero luminoso e toldo. 1960

Enrique estaba casado con Elvira Prada, filla do que foi alcalde de Carballiño, Maximino Prada.

Permiso para arreglos. 1965

O matrimonio tivo dous fillos: Enrique, practicante de profesión, e Clara, casada con Manuel Díaz González, co que emigrou a Panamá

Permiso para alzar unha planta. 1966

Na planta Baixa, atopábase a mercería Conchita, de Concepción Crespo Temes, veciña da rúa Aldara.

Permiso para rótulo.1966

Permiso para toldo. 1966

PRACTICANTE PEREIRA PRADA

O fillo dos anteriores, ENRIQUE PEREIRA PRADA, Practicante de profesión, tiña o seu consultorio no edificio familiar.

Marquina, Gallego, Pereira Prada, José María, Pichi
Boda de Enrique. Faro de Vigo. 1961
Permiso para rótulo. 1965

ABACERÍA TASCA “CASIANO”  


CALZADOS BELLO

O dono deste establecemento, nun principio taller de reparación de calzado desde 1950, un das máis antigo do ramo en Carballiño, era MANUEL LUÍS FERNÁNDEZ BELO casado con MARÍA CONCEPCIÓN DOCASTRO FERNÁNDEZ.

Programa festas de setembro, 1963
Permiso para planchadas. 1957

        El taller se completó con la venta de calzado desde 1964 y  María Concepción, al morir su esposo, gestionó el negocio.

El matrimonio tuvo dous fillos: Manuel e María Concepción.

A filla, MARÍA CONCEPCIÓN, e o seu esposo FERMÍN SOLLA mantiveron o establecemento aberto ata o ano pasado 2022 en que se pechou.

O local tiña tamén acceso pola rúa Rivero.


CALZADOS GOSÁN

A propietaria do edificio era Concha Dacal Abraldes.

Resolución municipal, 1961

Na planta baixa do devandito edificio, ANTONIO GONZÁLEZ SÁNCHEZ tiña instalado o taller e a tenda.


BAR BODEGÓN

Ao fondo da ” eira” que aínda hoxe existe, atopábase a casa do bar rexido por JULIO RODRÍGUEZ NOVOA. O viño de Julio non era malo e, ademais, podíase xogar na ” eira” a “a ra” e a “chave”

Concierto municipal, 1961

A ” eira” tiña tamén unha entrada pola rúa de Ribadavia, denominada Travesía Carlos, hoxe ocupada polo edificio que substituíu ao hotel Carlos.

Programa de festas de septiembre, 1963

Esta entrada correspondía ao antigo camiño que viña de Mesiego, atravesaba a “eira” e proseguía por detrás das propiedades da rúa Mosquera.

En 1940, a Corporación cedeu esta entrada-conexión ao hotel Carlos por 2.492 pesetas.

O camiño de Mesego avanzaba por detrás das casas de Fariñas, ferraxería Soto, etc. e atravesaba a rúa Margarita Taboada. e proseguía por detrás de Chocolates A Torronesa, librería Magariños, café Neira, etc. para desembocar na Praza dos Irmáns Prieto (posiblemente, chegaba ata A Alameda). O camiño atravesaba a rúa Margarita Taboada.

Saída do camiño na rúa Margarita Taboada

O camiño proseguía por detrás de Chocolates A Torrones, Librería Magariños, café Neira …, atravesaba o patio do colexio das monxas e desembocaba na Praza dos Irmáns Prieto, entre o colexio e o café Royal.
Para protexer o patio de recreo, as monxas pecharon o paso

Devandito camiño privatizouse por completo en todo o percorrido desde a traseira da casa de “Os Narcisos”, na “eira”, ata A Praza dos Irmáns Prieto.

        Es moi posible que o seu recorrido terminase na Praza da Alameda.


PANADERÍA “CATRO OLAS”

Na esquina posterior do edificio actual e bordeando polo sueste o citado camiño de Mesiego, atopábase a edificación de pedra na que estaba instalado o forno, que había acondicionado José Vázquez Cortes en 1939, no que entón era un “palleiro”..

Da panadería ocupábase MANUEL NOVOA CAMPOS, da familia coñecida como “Os Catro Olas”.

Cambio de titularidade por falecemento. 1959

Foi o seu fillo BENIGNO RODRÍGUEZ NOVOA quen proseguiu coa panadería.

O pan comercializábase na tenda propia de rúa Carmen, que rexentaba a esposa de Benigno CARMIÑA DÍAZ GONZÁLEZ, con quen tivo dúas fillas: MARÍA JOSÉ e Mª ASUNCIÓN.


REPUESTOS VDA. DE CORTÉS

A tenda de repostos co correspondente despacho de carburantes, do mesmo xeito que o almacén de materiais de construción creárono os Cortés a principios do século XX

Solicitud de Camilo Cortés para elevar un piso la casa.1901

Todo elo foi xestionado por Cesáreo Cortés e fíxoo perdurar a súa viúva, MARÍA GÓMEZ VÁZQUEZ e os seus fillos, CARLOS e DANIEL, ata ben entrado o último cuarto do devandito século.

Permiso para escaparate. 1961

Ao morrer a Viúva de Cortés, fíxose cargo do comercio de repostos e do despacho de carburante o seu fillo Carlos, coñecido polo seu constante apoio do equipo de fútbol local.

De paisano, Carlos Cortés y Cesáreo Rivera.

COMESTIBLES-BAR “ABISINIO”

O titular do establecemento JESÚS PORTABALES MATEO estaba casado con MARUJA LORENZO FERNÁNDEZ, con quen tivo unha filla: LOLITA.

Maruja era irmá de Angustias, a esposa de Abelardo Xunco, propietarios dun ultramarinos na rúa Aldara ao que Abelardo púxolle o nome de “ABISINIO”, o alcume dun cuñado seu. Ambas as irmás eran curmás carnais do propietario de Calzados Belo.

Esquinade la casa del 53.Foto Moncho Fuentes

Por este parentesco, aínda que o bar e a tenda de comestibles de Jesús carecía de rótulo, a xente coñecíao tamén popularmente como “O Abisinio”.


HOTEL CARLOS

O hotel levaba o nome do matrimonio propietario: CARLOS e CARLOTA.
O hotel Carlos era o de máis importancia ata que se construíu o Hotel Parque.

O hotel cesou a súa actividade a principios da década dos sesenta.



AGRADECEMENTOS

En memoria dos membros da rondalla e do grupo de música “Los Poker” que faleceron e en nome dos vivos, a maioría con domicilio fóra das Terras do Orcellón, Cacho agradece a BADAL NOVAS a súa iniciativa para dar a coñecer a curta aventura daqueles mozos que viviron no Carballiño nos anos sesenta e lembrar aos seus coetáneos.

Santiago Cacho e Manuel Amil

BADAL NOVAS únese tamén ao agradecemento de Cacho por aqueles que coas súas publicacións de álbumes fotográficos facilitaron a redacción do seu blog e do que nos ocupa:

Pola nosa banda, BADAL NOVAS agradece as fotos e informacións achegadas polos familiares dos concidadáns citados no blog, os documentos gráficos facilitados por MONCHO FUENTES

Moncho Fuentes

e, sobre todo, os achegados polo traballo escolar sobre Carballiño, dirixido polo profesor JUAN VALCÁRCEL OBELLEIRO.

Grupo de Diseño ( 3º BUP Medición e Urbanismo ) do IES Nº1 . Profesor Juan Valcarcel



Se alguien quere colaborar con fotos ou documentos para enriquecer esta publicación, asi como correxir posibles erros pode facelo a través do mail info@badalnovas.com


Manuel Amil Otero. Decembro de 2022