Comezan as obras da nova estación intermodal no Carballiño

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciou fai uns días as obras para a execución dunha parada de autobús intermodal na estación de ferrocarril do Carballiño, cun investimento duns 170.000 euros.
O obxectivo é crear unha parada exclusiva das liñas de autobús na parcela situada na explanada frontal da estación de ferrocarril, co fin de favorecer a intermodalidade entre os dous medios de transporte.
As obras teñen un prazo de execución de 5 meses, e contemplan a incorporación dunha zona axardinada, mobiliario urbano e marquesiña a ambos lados. A Xunta abordará o financiamento e executará as obras, mentres que o Concello pon os terreos necesarios e asume o mantemento da infraestrutura.
Algunha das formacións políticas da oposición do Carballiño, así como por exemplo o Colectivo Veciñal do Carballiño, alegan non estar dacordo co proxecto, asegurando que a vila merece unha infraestrutura mellor para este concello. Enlazan esta crítica que ubicación no centro de saúde, que non consideran a máis axeitada.
Con respecto a este tema, o alcalde, Francisco Fumega, asegura que o tema da cafetería dependerá de si algún empresario quere emprender unha iniciativa privada, alugando un dos locais dispoñibles.