Os institutos do Carballiño reciben unha charla do matemático Eduardo Sáenz

Na xornada de hoxe, tivo lugar unha actividade coordinada entre o IES Manuel Chamoso Lamas e o IES Número 1, recibindo en ambos centros a Eduardo Sáenz de Cabezón, licenciado en matemáticas e divulgador, presentador do programa de RTVE “ Órbita Laika”, e que traballa na Universidade da Rioxa.
Hoxe estivemos con el, e falounos un pouco máis sobre a mensaxe que pretende transmitir ós mozos.
Pero ademais é un divulgador científico,  especializado na rama das matemáticas. Fai conferencias, talleres, espectáculos e monólogos ademais de ter canal de Youtube, “Derivando” no que explica curiosidades e aplicacións do mundo matemático. Así, pretende facer que se perda o estigma contra as matemáticas.
O centro aposta por este tipo de iniciativas como elemento dinamizador e complementario da súa labor docente. Segundo o director do centro, sempre que poden, apostan por charlas de este tipo, con persoas destacadas en diferentes ámbitos.