Terras do Carballiño e os seus escritores (XIX) : “Francisco Javier Limia Gardón “

Miguel Anxo Fernández Fernández: Escritor, crítico de cine , historiador e Doutor en Comunicación Audiovisual


19-TERRAS DO CARBALLIÑO E OS SEUS ESCRITORES. Francisco Javier Limia Gardón (San Cristovo de Cea, 1955

AVANTAR ACTIVIDADES

É un dos grandes especialistas galegos no mundo monástico en xeral, e cisterciense en particular. Como autor dispón dunha obra inxente e diversa, servida ao longo de máis de tres décadas, desde a vontade da investigación e divulgación da Arte e o Patrimonio.

Tanta é que resulta imposible recollela nesta sección divulgativa a prol do coñecemento dos escritores e das escritores vinculados ao antigo Orcellón. Doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), exerceu a docencia na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED-Ourense), e ensino medio no Colegio Marista de Ourense.

Conferenciante, articulista, co-fundador do Grupo de Arte ‘Francisco de Moure’ para o estudo do patrimonio artístico de Ourense, é socio fundador da “Fraternidad Internacional del Camino de Santiago” (FICS), e da “Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago” (AGACS); e da “Asociación Premios da Crítica de Galicia”.

Ten dedicado atención á súa vila natal, Cea, desde o estudo heráldico municipal, Tizón ou os fornos; e á bisbarra, a igrexa de san Mamede da Canda (Piñor), e os libros “El monasterio de Oseira, cincuenta años de restauraciones” (1988) e “O Arenteiro (a peculiaridade nas ferias e balnearios”.

Algúns dos seus libros son “A comarca do Ribeiro” (1992), “Antonio Faílde, o escultor que escoitou a música das pedras” (Xunta de Galicia, 2018) e “Colección de arte Parlamento de Galicia”, Santiago (A Coruña), 2018, encargo institucional.

En colaboración ou colectivos, destacan “Vilanova dos Infantes”, “Prego mestre da pintura”, “O Ribeiro”, “Trives, Caldelas e a Ribeira Sacra”, “Potencialidades turísticas do oriente ourensán”, “Auria. Cen obras mestras da arte de Ourense”, “100 anos da Cámara de Comercio” e “Real mosteiro de Santa Clara de Allariz”, entre outros.

Ten participado como poñente en Congresos nacionais e internacionais, e os grandes proxectos culturais da Xunta de Galicia “Galicia no Tempo” (1991); “Galicia Terra Única” (1997); “Camiño da Paz. Dominus mane vobiscum” (2005), e anos composteláns, con comunicacións ou ponencias.

Como comisario de exposicións, promoveu Soledad Penalta, Xulio Gil, Álvaro de la Vega, Mingos Teixeira, entre outros, e ten feito ensaios introdutorios dunha manchea deles, e dedicado estudos monográficos a artistas galegos en xeral, e ourensáns en particular, caso de Parada Justel ou Virxilio, ademais dos mencionados.

Desde hai moitos anos, ocúpase das manifestacións e exposicións de arte en Ourense, e da cultura en xeral, dende a súa columna de crítica “Arte et alia”, no xornal La Región. Activo nas RRSS, mantén o blogue https://dogranaopan.blogspot.com/




Outros artigos de Miguel Anxo Fernández Fernández

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVIII) : “Felipe Senén López Gómez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVII) : “Abelardo Santorum Alonso “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVI) : “Xosé Lois Sobrado Pérez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XV) : ” Jorge Emilio Bóveda “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIV) : “Lito Vila Baleato “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIII) : “Pablo Nogueira Campo “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XII) : “Ramón Caride Ogando “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XI) : “José Manuel Mouriño”

Terras do Carballiño e os seus escritores (X) : “Xosé Prada Martínez”

Terras do Carballiño e os seus escritores (IX) : “Manuel Chamoso Lamas”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VIII) : “Xosé Manoel Rodríguez”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VII) : “Ismael González Díaz”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VI) : “Víctor Campio Pereira”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( V) : “Ánxel Sevillano García “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( IV) : “Antón Losada Diéguez”

O Carballiño e os seus escritores ( III) : ” Benxamín Vázquez González “

O Carballiño e os seus escritores ( II) : ” Xosé Fariña Jamardo “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( I) : ” Aurelio Miras Azor “