3º Aniversario de Badal Novas

Fai tres anos no Aparthotel Arenteiro presentouse o proxecto audiovisual Badal Novas que engloba a Badal Tv e o xornal dixital www.badalnovas.com

Dous anos marcados polo coronavirus. O proxecto presentase o día 14 de febreiro de 2020 e xusto un mes despois declarase o estado de alarma.

AVANTAR ACTIVIDADES

A pesar de todas estas circunstancias adversas que complicaron o panorama sanitario e economico, todo o equipo que forma Badal Novas sigue ca mesma ilusión do primeiro día intentando dar información obxectiva e veraz tanto da comarca do Carballiño e O Ribeiro preferentemente pero tamén doutros sitios da xeografía provincial, para que tanto a xente destas terras como a nosa emigración poida saber do que pasa no seu lugar de orixe.

Badal Tv ten cobertura na comarca do Carballiño. Esperemos que nun breve periodo de tempo poidamos chegar tamén a todo O Ribeiro

O xornal dixital www.badalnovas.com chega a todas partes ( a internet é mundial )

En estes tres anos 713881 usuarios distintos, 4540372 visitas a páxinas e 16822 novas publicadas. Esto fai que solo teñamos unha palabra de agradecemento : GRAZAS

DATOS AUDITADOS POR GOOGLE ANALYTICS

Neste mundo no que as cifras mandan a cotío, onde o número reflicte o bo e o malo, chegar a ese máxico número de 4540372 visitas a páxinas dende un modesto medio é, dende logo, unha satisfacción para todos os que participamos deste novidoso proxecto no que, dende o primeiro día, intentamos combinar a palabra escrita coa oral engadindo a sempre impagable compañía da imaxe.

Chegar a ese número de visitantes, quere dicir que temos incondicionais que no día a día seguen dende calquera punto do planeta as nosas novas, as entrevistas, as colaboracións, os debates e calquera outro xeito de expresión. Saber isto resulta, cando menos, moi gratificante e estimulante para quen ten que afrontar tódolos días o sempre complexo mundo da información.

Sentímonos ben pagados ao coñecer que neses milleiros de recunchos do mundo os nosos veciños espallados polos mesmos comprenderon a nosa mensaxe de proximidade, de achega á nosa realidade diaria local, comarcal e provincial e, de paso, que entendesen que nós tamén recollemos unha parte das súas existencias e vivencias aló onde se atopan, que queremos ver e saber que están lonxe pero moi cerquiña de nós.

Grazas pola confianza amosada, polo apoio diario constatado e por eses millóns de accesos á nosa web. Desexamos seguir nesta liña aberta de pluralidade, de liberdade, de variedade temática e que os nosos seguidores, como ata agora, sigan apostando polo noso medio que é o seu.

A tod@s, grazas.