A Policía Local incorporou hoxe tres novos axentes ó seu cadro de persoal

A Policía Local do Carballiño incorporou hoxe tres novos axentes ao seu cadro de persoal, cubrindo así integramente a oferta de prazas da Relación de Postos de Traballo que o Concello tiña dispoñible. Con estas incorporacións garantense as tres quendas de prestación do servizo as 24 horas do día.

Na actualidade, o cadro está formado por 14 persoas, ademais do xefe e dous en segunda actividade, mellorando notablemente o antigo plantel de nove persoas. Este incremento tamén permitirá prescindir da contratación de auxiliares como se viña facendo ata agora durante as tempadas estivais.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os seguintes pasos consistirán na creación de tres postos de cabo mediante promoción interna para cubrir as tres quendas e, ademais, iniciar a negociación cos sindicatos para un convenio exclusivo para a Policía Local.

Dende o concello tamén se traballa en melloras do vestiario e do parque vehicular mediante o aluguer de dous vehículos, ademais dos outros dous existentes, que, dada a súa antigüidade, só se utilizan en datas moi concretas.