O Subdelegado presenta ós alcaldes da comarca o Plan de Banda Ancha para o rural

O Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, reuniu esta mañá ós alcaldes da comarca do Carballiño para presentarlles o Plan do Estado de Banda Ancha para os municipios do rural. Este programa pretende mellorar a conectividade de máis de 4.200 vivendas.

O Programa de Banda Ancha do Rural ten a finalidade de ofrecer a mesma posibilidade de conexión ás áreas do rural que as áreas urbanas, eliminando así desigualdades e a brecha dixital que nos concellos da contorna tamén segue sendo notable.

AVANTAR ACTIVIDADES

O procedemento, que tamén se lles deu a coñecer hoxe ós alcaldes, permitiralles saber como está actualmente o ancho de banda dos seus concellos e posteriormente facilitar os permisos ás teleoperadoras que operan na provincia, dun xeito moi sinxelo.