O próximo venres, día 17 de febreiro, o Cine Club proxecta un filme case inédito no noso país. Trátase da película de Hong Kong “Suk Suk”, a primeira que se estrea en España do seu director, Ray Yeung, aínda que é xa o seu terceiro filme.
Obtivo o premio á Mellor Película nos Hong Kong Film Critic Awards, o equivalente aos nosos Goya, premios nos que obtivo nove nominacións. Foi sen dúbida o gran éxito do cine do seu país nese ano, a pesar de ser unha pelicula independente. Os dous pases serán neste caso en versión orixinal subtitulada en castelán, ás 20:00 e ás 22:30 horas no Auditorio Manuel María do Carballiño.