Proxecto común entre os concellos de Ribadavia e Melón

A alcaldesa de Ribadavia e o alcalde de Melón, concellos colindantes nas rúas de Portalaxe en Francelos e pertencente tamen ao concello de Melón, presentan un proxecto que contempla a mellora dos camiños intermunicipais existentes na entidade de poboación de Portalaxe, mediante a renovación do pavimento de varios camiños que discorren polo núcleo de poboación intermunicipal, que actualmente se atopan nun estado case impracticable.

A urxente necesidade de renovar os firmes destes camiños ven dada polo estado no que se atopan, sendo ademais estas as arterias principais de acceso a diferentes vivendas deste núcleo de poboación.
O estado actual destes camiños ten unha afectación directa na vida cotiá dos veciños da zona que as utilizan a diario, xa que como vimos sinalando, o estado actual é verdadeiramente ruinoso con múltiples fendas, fonchancas, parches, presentanso trozos soltos… Chegando incluso, nalgúns tramos, a resultar perigoso camiñar por elas, sobre todo para as persoas pmáis maiores ou con algún problema de mobilidade reducida; así mesmo tamén os vehículos que por ela circulan poden sufrir algún tipo de avaría (rebentón de rodas, danos nos amortecedores, danos na dirección…)
Ao circular por un pavimento en tan mal estado, sobretodo os vehículos dos veciños e veciñas da zona que o fan de forma máis habitual.
No proxecto recóllese a instalación dunha varanda nun dos tramos para evitar accidentes. Tamén se recolle a instalación dunha canalización para a recollida de augas pluviais para evitar que as augas de escorrentía acaben danando novamente o pavimento.
Para a Agrupación de Ribadavia e Melón é unha prioridade que a poboación rural poida desfrutar dunhas infraestruturas e duns servizos básicos que lle garantan unha calidade de vida digna e cómoda aos seus veciños, posto que é unha das poucas formas de frear a sangría demográfica que ambos municipios que conforman esta agrupación veñen sufrindo, ao igual que está ocorrendo no resto da comarca do Ribeiro

AVANTAR ACTIVIDADES

Ante todo isto existe pouca marxe de manobra nos concellos, pero a pouca marxe de manobra que pode haber, está claro que pasa por de MANTER OU INCREMENTAR OS SERVIZOS DE CALIDADE, de tal forma que novas persoas de municipios limítrofes, da comarca ou de calquera outra zona de Galicia ou España poidan prantexarse instalarse a vivir nunha zona rural sen o HANDICAP de non ter uns servizos e instalacións básicas.
Así pois, e dentro desta política contra o despoboamento e o envellecemento demográfico, os concellos de Ribadavia e Melón intentarán manter as instalacións e infraestruturas básicas en bo estado.
Este proxecto conxunto entre os concellos de Melon e Ribadavia, foi aprobado hoxe nos distintos órganos dos municipios, e ten unha cuantia total de 48.380€ que será presentada na orde de subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia para o ano 2023.