Espazo Común reunirá ós veciños da rúa Ourense para recoller propostas e mellorar o proxecto

A corporación do Carballiño reuniuse hoxe en sesión plenaria extraordinaria proposta pola alcaldía para aprobar o convenio entre o concello e a Confederación Hidrográfica para financiar e executar o proxecto de saneamento da rúa Ourense. Finalmente, foi aprobado de xeito inicial cos votos a favor do goberno local do PSOE mentres que a oposición votou en contra ca intención de presentar alegacións que melloren o proxecto.

Goberno e Confederación queren axilizar o proceso para comezar canto antes cas obras. Un proxecto que ascende a 1,7 millóns de euros e que se considera fundamental polo problema actual de augas nesa rúa.

AVANTAR ACTIVIDADES

“Todo este desastre só fai que perxudicar aos veciños da rúa Ourense que poden ver como esta chafallada administrativa aínda lles vai retrasar máis a obra” afirmou Pachi Vázquez.

Ante todo isto, Espazo Común vai convocar en datas próximas a tódolos veciños afectados para amosarlles o proxecto, cousa que asegura que “non se fixo dende o Concello”, e recoller as súas propostas procurando acadar unha sustancial mellora e que sexa consideran “a entrada que un pobo coma o noso merece e conte cos servizos que os que alí viven levan anos reclamando”.