Muíños reunirá este sábado a 470 deportistas no Campionato Galego de Inverno de novas promesas en K2-C2

A proba, que terá lugar no complexo deportivo O Corgo, suma unha inscrición de 34 equipos galegos e 236 embarcacións pertencentes ás categorías cadete e infantil

Ourense, 15 de febreiro de 2023.- O complexo deportivo O Corgo, no concello de Muíños, será este sábado 18 de febreiro o escenario do Campionato Galego de Inverno de novas promesas en K2-C2, organizado pola Federación Galega de Piragüismo coa colaboración da Deputación de Ourense. 

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou esta proba na sala de prensa do Pazo Provincial acompañado polo alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; o presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea; e o xefe provincial do servizo de Deporte da Xunta de Galicia, Manuel Pérez. 

O campionato celebrarase entre as 10,30 e as 14,30 horas do sábado 18 de febreiro e conta cunha inscrición de 34 equipos, 236 embarcacións e 472 deportistas, todos eles pertencentes ás categorías cadete e infantil. As novas promesas do piragüismo galego en modalidade K2-C2 percorrerán unha distancia de 3.000 metros.