O concello abre o prazo de solicitude de terrazas en tempada estacional

O concello do Carballiño, a través dun bando, anuncia que o prazo de presentación para a solicitude de ocupación de terrazas para o período estacional do ano 2023 será dende o 10 ao 28 de FEBREIRO de 2023. O período de ocupación para este exercicio 2023 na tempada estacional é dende o 01 de ABRIL ata o 31 de OUTUBRO de 2023.

Os modelos de solicitudes poderán recollerse:

AVANTAR ACTIVIDADES
  • no Departamento de Servizos Públicos
  • no Rexistro xeral do Concello
  • descargarse na web do concello (portal de transparencia / normativa / ordenanzas e regulamentos) ou ben, tramitarse electrónicamente a través da sede electrónica do Concello
    do Carballiño dentro do apartado “información xeral”, actualmente en
    “tramites destacados”.
  • PRODEDEMENTO: – código SIA: 2893999 – Nome do Trámite: “solicitude de renovación de licenza para a instalación de terrazas”; código SIA: 2893998 – Nome do Trámite: “solicitude de licenza para a instalación de terrazas”.
  • A documentación a achegar xunto coa solicitude será a recollida no artigo 27 da citada ordenanza. No caso de instalación fóra dos límites da fachada do establecemento
    deberase ter en conta o art. 17 1.a) da ordenanza reguladora.
  • Presentaranse no Rexistro xeral do Concello e demais formas previstas na lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.