O PPdeG alerta de que Ourense é a provincia galega onde máis delincuentes sexuais foron postos en liberdade pola Lei do ‘só si é si’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Hoxe, nunha concentración en Ourense na que estiveron presentes entre outros a número dous dos populares galegos, Paula Prado, e o candidato do PP á alcaldía da cidade, Manuel Cabezas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os populares reclaman o perdón por parte de Pedro Sánchez e dos seus ministros polas “nefastas consecuencias” que está a ter a aplicación desta norma e porque consideran que “a dor das vítimas está por riba de ideoloxías e sectarismos”

●   “Ante o goteo constante de agresores sexuais que se benefician desta lei, máis de 500 en toda España, desde o Goberno din que van rectificar pero o único que fixeron foi enredarse en liortas internas que en nada contribúen a solucionar a problema”, afirmou Paula Prado

●    A vicesecretaria de Igualdade do PP de Ourense, María Antonia Rilo,  asegurou que “hai razóns máis que suficientes para saír á rúa contra este despropósito de lei, contra o esperpento dunha norma redactada por quen se autoproclaman como únicos defensores do feminismo e ante o estupor de quen sempre traballamos polos dereitos, o respecto e a liberdade sexual das mulleres”.