Os mozos de ASPADISI traballan arreo preparando o desfile de Entroido

Estamos a piques de comezar a programación de Entroido no Carballiño, e todos traballan arreo para desfrutar destes días cas mellores galas. Tamén os mozos de ASPADISI están preparando o seu traxe para o desfile do martes de Entroido no Carballiño. Estivemos con eles para saber un pouco máis, aínda que a temática, será un segredo. Nestes días compaxinan este traballo lúdico co seu traballo ocupacional, agora mesmo cun encargo da Xunta de Galicia.

Este ano, despois do parón motivado pola pandemia, dende ASPADISI teñen moitas gañas de participar no Entroido. Por iso, este ano contarán cun número maior de participantes, facilitando tamén que as persoas que non son do Carballiño veñan grazas ó servizo de recollida. Tamén serán este ano os encargados do Enterro da Sardiña.

AVANTAR ACTIVIDADES

A súa pequena carroza tamén é feita integramente por eles, con materiais reciclados, e está a piques de estar rematada para o gran día. Os mozos son moi participativos, e están desexando poder celebrar de novo.