Ribeiro en Común denuncia unha nova discriminación da Deputación do PP contra Ribadavia.

A Deputación provincial vai repartir 17,5 millóns de euros polos Concellos da provincia. A pesar desta cifra propia de periodo electoral, en Ribadavia unha vez máis quedarán Proxectos moi importantes sen axuda da Deputación. Entre outros os seguintes:1. Apoio á rede municipal de Auga; investimentos nunha rede obsoleta, financiamento da grave crise da seca, ou apoio á nova captación no río Miño.2. Apoio ao deporte local co cambio dunha Pista nova no Pavillón do Consello.3. Apoio aos proxectos de mellora do casco histórico rexistrados na Deputación polo Concello.
É indignante que ningún destes proxectos non mereza o apoio da Deputación, pero xa o colmo é que o PP local reclame acordos plenarios de novembro, pero se esqueza dos aprobados no Pleno de setembro, outubro ou de fai case dous anos, onde o Pleno lle reclamaba á Deputación o apoio que lle da a outros Concellos menores, só por afinidade electoral.

César Fernández polas mañás veta a Ribadavia na Deputación, privandoa de fondos para obras de mellora moi necesarias, e polas tardes fai notas de prensa criticando que o Concello non faga máis obras en Ribadavia.Todo un político exemplar desta provincia.

AVANTAR ACTIVIDADES

– Onte o PP mandaba unha nota chega de crítica infundada. A este partido faltalle lexitimidade para reclamar un acceso ao local social de Francelos para persoas de mobilidade reducida, xa que en primeiro lugar este acceso xa existe, e non foi o PP quen a fixo, ás veces é bo coñecer as infraestructuras municipais. Pero sobre todo, é bo recordar tamén que os Orzamentos 2023 contemplan unha partida de 2.000 euros (co PP había cero euros) para mellora deste local social, e que pode ser ampliada pola partida de obras ou por colaboración da Deputación.
Porque o que fai falta é a mellora deste local e do seu acceso, e tamén de tantos outros do municipio.

– Ribadavia terá 500.000 euros para investimentos desde o 1 de xaneiro de 2024.
Neste sentido, é importante recordar que o Concello de Ribadavia terá Medio millón de euros dispoñibles a 1 de xaneiro de 2024 para investimentos e poder levar así a cabo o que a día de hoxe lle nega o PP, como xa dixemos nos Orzamentos 2023.
Este diñeiro estará dispoñible grazas a que o Concello consegue finalizar os seus préstamos bancarios neste exercicio. Esta é a realidade que o PP pretende ocultar con difamacións de xulgado de guarda.A realidade que vai permitir que o Concello realice en 2024 moitos dos Proxectos que a Deputación de Baltar e César Fernández lle negan a Ribadavia, como:
– Investimentos de renovación da rede municipal de Auga, e co-financiamento da nova captación no río Miño.
– Apoio ao deporte local co cambio dunha Pista nova no Pavillón do Consello.
– Investimentos de mellora do casco histórico.

En 2024 o Concello de Ribadavia terá capacidade de investimentos e autonomía fronte aos vetos do PP nestes anos.