O departamento de Igualdade presenta o cartaz e a programación do 8M

Dende o departamento de Igualdade do concello do Carballiño presentaron esta mañá a súa proposta de cartaz para conmemorar o 8M, Día da Muller Traballadora  e tamén as actividades que levarán a cabo. O acto institucional será o mércores día 8, na Praza Maior, ca participación dos diferentes colectivos.

Para o sábado, día 11, programan unha representación teatral sobre a sexualidade e para o domingo día 12, de novo a andaina “Camiña pola igualdade” do Carballiño, saíndo da Praza Maior ás 10:00 horas. Os donativos desta andaina estarán destinados a ASPADISI.

AVANTAR ACTIVIDADES