Manuel Baltar: “Quedan 91 días para o 28 de maio, e coma sempre demostramos planificación e traballo presentando aos candidatos que rexerán os seus concellos os próximos 4 anos”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial asistiu esta mañá en Santiago á presentación dos 313 candidatos populares ás alcaldías dos concellos galegos -92 deles, ourensáns-. O acto, celebrado no Multiusos Fontes de Sar, contou coa presenza de máis de 5.000 persoas

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

·        Manuel Baltar lembra as metas do PPdeOU o vindeiro 28 de maio:  “Traballaremos para acadar a maioría absoluta na Deputación de Ourense e un récord histórico de alcaldías”

·        “Para os nosos obxectivos fai falta moita militancia, implicación e un gran partido, que goberne na Deputación, na Xunta e que pronto contará cun ourensán como Alberto Núñez Feijóo no Goberno de España. Por iso este é o Partido de Ourense e o Partido de Galicia”, reivindicou o presidente provincial

·        O acto foi clausurado polo presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, e o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo. E nel tamén interveu, entre outros, o alcalde de Xunqueira de Ambía e candidato á reelección, José Luis Gavilanes

25, febreiro, 2023. O presidente provincial do PPdeOU, Manuel Baltar, asistiu esta mañá en Santiago de Compostela á presentación dos 313 candidatos ás alcaldías dos concellos galegos -92 deles ourensáns, máis o candidato da entidade local de Berán-.

“Quedan 91 días para o 28 de maio, e somos como sempre a forza política que con anticipación, previsión e planificación conformamos os equipos. E con ese traballo hoxe sabemos os homes e mulleres que liderarán as nosas candidaturas”, recalcou Manuel Baltar despois do acto, celebrado no Multiusos Fontes do Sar ante máis de 5.000 persoas.

O presidente provincial lembra as metas do PPdeOU o vindeiro 28 de maio: “Estes son os candidatos que van a traballar para conseguir rexir os destinos dos seus concellos nos próximos catro anos, nun mandato no que tamén agardamos contar coa maioría absoluta na Deputación de Ourense e cun récord histórico de alcaldías”.

“E para acadar os nosos ambiciosos obxectivos”, enfatiza Manuel Baltar, “fai falta moito traballo, fai falta moita militancia, fai falta implicación e un gran partido, que goberne na Deputación, na Xunta e que pronto contará cun ourensán como Alberto Núñez Feijóo, que está hoxe aquí connnosco, no Goberno de España. Por iso este é o Partido de Ourense e o Partido de Galicia”.

O acto de Santiago foi clausurado polo presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, e o presidente do Partido Popular nacional, Alberto Núñez Feijóo. En representación dos 313 candidatos interviu o alcalde de Xunqueira de Ambía e candidato á reelección, José Luis Gavilanes; o candidato do PP á alcaldía de Santiago, Borja Verea; a candidata á alcaldía de Cambados, Sabela Fole; e a candidata á alcaldía de Pol, Nicole Grueira.