O Carballiño celebra este domingo a 28ª Festa da Cachucha, con xantar e desfiles

O Carballiño porá a nota final a este Entroido 2023, o primeiro completo despois da pandemia, celebrando este vindeiro domingo a 28ª edición da Festa da Cachucha. Son 21 os restaurantes que aínda aceptan reservas, aínda que participan moitos outros, que co cupo xa cheo.

A festa comezará ás 12:00 horas, cun pasarrúas de folións e charangas pola rúa Curros Enriquez. Dende as 14:00 horas, terá lugar o xantar popular, que contarán con animación musical.

AVANTAR ACTIVIDADES

Pola tarde, dende as 17:30 horas, teremos de novo desfile, que congregará a máis dun milleiro de persoas, cas comparsas da comarca, as de Amoeiro, os Solfamidas, Os da Caña, O son da Pedra Meiga, Folión Arrieiros de Petín, Folión de Fradelo e Folión de Tameirón. Rematará a festa ca Orquestra Gran Parada na Praza Maior.