Xornadas Castro Valente

Recentemente deuse a coñecer a nivel internacional a grande muralla soterrada que se atopa no Castro Valente, pertencente á Estrada e Padrón. Toda a prensa se fixo eco deste feito, mais debemos preguntarnos se a nosa veciñanza coñece a dimensión e valora esta importante fortaleza que se atopa na nosa comarca.
Desde a Asociación Cultural “Vagalumes” xunto coa Asociación Cultural Os Penoucos, imos levar a cabo coa colaboración do grupo que está a facer as investigacións arqueolóxicas no Castro Valente unhas xornadas para dar a coñecer este xacemento.
O venres 24 de febreiro, ás 20:00 h. no MOME, terá lugar unha presentación dos traballos arqueolóxicos desenvoltos e a investigación levada a cabo polos membros da Universidade de Santiago de Compostela responsables deste labor. Coa participación aberta de colectivos de defensa do patrimonio e de loita contra o espolio eólico.
O sábado 25 de febreiro, ás 11:00 h., levarase a cabo unha visita guiada a Castro Valente partindo desde Morono (Padrón). As persoas interesadas convén que se anoten no enderezo obaixoulla@gmail.com

Para maior información:

AVANTAR ACTIVIDADES

https://www.livescience.com/lasers-reveal-ruins-of-5th-century-fortress-in-spanish-forest?fbclid=IwAR0TSQDhpKS1XuZwbpVWnEwrKxQLWItDikVMUMr7RFvI2NkeVPdt3TIeqw0

https://www.obaixoulla.gal/elementos/padron/arqueoloxia/castro-valente