UNED Ourense achégase á figura de Manuel Blanco Romasanta desde unha mirada pluridisciplinar

Do 15 ao 30 de marzo os irmáns Félix Francisco e Cástor Manuel Castro Vicente desenvolverán un amplo programa para coñecer mellor este fenómeno do século XIX protagonizado por un home natural de Esgos considerado como o primeiro asasino en serie español con repercusión internacional.

OURENSE, 24 de febreiro de 2023. Manuel Blanco Romasanta (Regueiro, Esgos-Ourense, 18-11-1809-Ceuta 16-12-1863) foi quizais o primeiro asasino en serie español con repercusión mediática internacional. Home lobo confeso, declarou durante o proceso xudicial haber devorado a trece persoas, aínda que finalmente foi condenado no ano 1854 pola Audiencia da Coruña a cadea perpetua pola morte de nove.
O presente curso de UNED Ourense ofrece un enfoque interdisciplinar do caso de Manuel Blanco Romasanta –en diante MBR-, abordándoo desde múltiples perspectivas:

AVANTAR ACTIVIDADES
  1. Histórica e xurídica: os feitos criminais axuizados, a súa detención, proceso xudicial e destino final de Manuel Blanco. Autoría. Posibles cómplices. Probas da súa culpabilidade ou inocencia. A repercusión mediática do xuízo.
  2. Antropolóxica: contextualización dentro do marco europeo; crenzas e folclore sobre a zoantropía e licantropía, sacamantecas e home do saco; memoria oral sobre o caso
  3. Criminológica, victimológica, desde a perfilación xeográfica e criminal; comportamento das vítimas e do victimario, o seu modus operandi, e posibles móbiles dos seus crimes. apuntamentos doutras disciplinas e distintas teorías desde unha perspectiva médica e psiquiátrica relacionadas co seu comportamento: a súa posible intersexualidade; indicios dalgún tipo de patoloxía (psicopatía, personalidade múltiple, ergotismo, etc. ). A perspectiva farmacéutica e o uso do corpo humano como medicamento ao longo da historia.
  4. Desde a pericia caligráfica: falsificacións de documentos na causa, documentos que lle incautaron a Manuel Blanco na súa detención, etc.

Este curso celebrarase no Salón de Actos de UNED Ourense, do 15 ao 30 de marzo, en horario de 18.30 a 20.30 horas. Consta de 10 horas lectivas ou 0,5 créditos ECTS. Os interesados poden elixir a asistencia presencial ou a asistencia en liña en directo ou en diferido. Os relatores en todas as sesións son:

• Félix Francisco Castro Vicente, licenciado en Dereito e en Antropoloxía Social e Cultural. Antropólogo investigador independente, investigou o caso de MBR desde o punto de vista victimológico e criminológico.
• Cástor Manuel Castro Vicente, licenciado en Dereito. Curso de posgrao en pericia caligráfica e grafología (Universitat de Barcelona). Etnógrafo e investigador independente, que fixo algunha das máis importantes e valiosas contribucións ao estudo do caso de MBR do últimos quince anos.

PROGRAMA
Mércores, 15 de marzo: Sesión 1: Por que estudar o caso MBR?:

• Introdución do curso.
• O contexto social e histórico.
• Breve relato do caso: infancia de Manuel Blanco, matrimonio, viudez.
• Venda ambulante, primeiros crimes, fuxida a Rebordechao.
• Novos crimes en Rebordechao e Castro de Laza. Fuxida a Castela, detención

Mércores, 22 de marzo: Sesión 2: O principio do fin:
• Primeiras denuncias e actuacións, primeiras declaracións despois da súa detención.
• A inspección dos lugares dos crimes.
• Marco xurídico en que se produce o xuízo a MBR: o proceso xudicial, tramitación, probas, estratexias da acusación e da defensa do caso.
• O final de MBR: conmutación da pena de morte pola de cadea perpetua. Traslado á prisión de Ceuta, vicisitudes e últimos días.

Xoves, 23 de marzo: Sesión 3: As antropoloxías do medo, sacauntos e homes do saco na mitoloxía galega e ibérica. Casos históricos e reais:
• Crenza e mitos sobre a zoantropía e licantropía no contexto ibérico, europeo e universal.
• Como influíron estas crenzas na causa?
• O comercio de graxa humana: contexto histórico, mito ou realidade?
• Outros procesos xudiciais similares ao caso MBR.
• O corpo humano como medicamento. Modernos estudos sobre o tema.

Mércores, 29 de marzo: 18:30-20:30 h. Sesión 4: Hipótese do caso MBR desde a criminología; apuntamentos desde unha perspectiva médica:
• O caso MBR desde a criminología: perfilación criminal e xeográfica, MBR como criminal en serie, achegas da victimología.
• Escenas do crime, modus operandi e posibles móbiles.
• O estudo médico dos forenses na causa.
• A decisiva intervención de Mr. Philips.
• Posible intersexualidade? Visión actual. Outros supostos similares.
• Asasino frío e calculador ou enfermo?
• Outras hipóteses sobre patoloxías: Personalidade múltiple, licantropía clínica, esquizofrenia, intoxicacións por cornezuelo ou ergotismo, etc.

Xoves, 30 de marzo: Sesión 5: Influencia na arte. Conclusións.

• A pegada do caso MBR na arte: literatura, cinema, música e artes plásticas.
• Grandes personaxes do panteón do terror moderno (sacauntos, chupasangres, cultura vampírica…).
• O cinema de licántropos como subgénero do cinema de terror. Famosos homes lobo no cinema: Paul Naschy…
• Conclusións. Repaso xeral do curso. Dúbidas e preguntas finais.

Inscrición
A modalidade de matricula ESTUDANTES ( doutras universidades distintas á UNED, ciclos de FP, escola de oficial de Idiomas, conservatorio de música) teñen que achegar copia da matrícula do curso vixente 2022-2023.
Hai 40 prazas dispoñibles para aquelas persoas que opten pola modalidade presencial no Salón de Actos do Centro UNED de Ourense. A matrícula ordinaria é de 25 euros; a de alumnos UNED e a de estudantes en xeral, 20 euros.