A Deputación colabora coa celebración da I Ruta Cabalar de San Amaro

A actividade, organizada pola Escola de Equitación de San Amaro e o Concello, desenrolarase o vindeiro sábado, 4 de marzo

Ourense, 27 de febreiro de 2023.- A Deputación de Ourense colaborará coa celebración da I Ruta Cabalar de San Amaro, organizada pola Escola de Equitación de San Amaro e o Concello, e que se realizará o vindeiro sábado 4 de marzo. 

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse co rexedor de San Amaro, Fernando Redondo, para abordar os detalles da colaboración cunha actividade aberta a todos os públicos. 

O titular do goberno provincial pon en valor o traballo do equipo de goberno e destaca o compromiso da Deputación con San Amaro, apoiando “proxectos estratéxicos coma a transformación do antigo campo de fútbol nun espazo multiusos para a escola de equitación, a mellora dos camiños ou a celebración do Festival Céltico xunto ao Irixo”. 

Pola súa banda, o alcalde desta localidade, Fernando Redondo, explicou que “o que se pretende coa primera edición da Ruta Cabalar é que esta sirva como un elemento de promoción e dinamización do noso concello, enchendo a vila de xente e mostrándolle as atraccións turísticas coas que contamos”. 

“A finalidade é poñer en valor o noso patrimonio e crear un movemento de xente que se traduza en retorno económico para os negocios locais”, sinala Fernando Redondo.   

A ruta a cabalo terá un percorrido circular de 20 quilómetros, permitindo coñecer os principais puntos de interese patrimoniais cos que conta San Amaro, como o Castro de San Cibrao de Las ou o mosteiro budista, así como as distintas parroquias pertencentes ao concello. Ademais, a actividade ecuestre, que arrancará ás 15,30 horas do sábado, estará acompañada dunha merenda e dunha cea con verbena, a partir das 21,00 horas, no campo da festa de San Amaro. A inscrición remata o 1 de marzo.