O Carballiño rematou o Entroido cunha multitudinaria Festa da Cachucha

O Carballiño puxo a nota final ó Entroido 2023 por todo o alto, con gañas de festexar despois dos últimos anos máis descafeinados pola pandemia. Centos de persoas achegáronse este domingo para desfrutar da 28ª Festa da Cachucha nos restaurantes do municipio. A hostalaría coincide en que esta data é unha das mellores, tanto para a economía como para a vila.

Neste festa, como en anos anteriores, tamén é tradición que os grupos políticos da contorna se reúnan ó completo para desfrutar dun día de festa. E non so políticos, tamén os tradicionais Liborianos e comparsas doutras zonas que quixeron desfrutar deste día.

AVANTAR ACTIVIDADES

Coma toda festa de Entroido que se precie, non podía faltar o desfile. Pola mañá, algúns deles xa amenizaron as rúas, como os folións e algunhas das carrozas de Amoeiro, para xa dar paso ó multitudinario desfile da tarde, con máis dun milleiro de persoas, cas comparsas da comarca, as de Amoeiro, os Solfamidas, Os da Caña, O son da Pedra Meiga, e ca Orquestra Gran Parada na Praza Maior.