Campaña publicitaria e informativa para fomentar a matriculación no colexio público Calvo Sotelo

A Plataforma O Campo da Feira NON se Pecha ven de lanzar unha campaña publicitaria e informativa para fomentar a matriculación no colexio público Calvo Sotelo e en especial nos seus edificios máis emblemáticos: o Campo da Feira e o Calvo Sotelo.

Nas pasadas semanas as persoas que formamos a Plataforma o Campo da Feira NON se Pecha, mantivemos unha reunión para facer unha valoración da situación actual e dos avances dende o pasado mes de xuño, momento no cal xurdiu a problemática dun máis ca posible peche de aulas, e deseñar os seguintes pasos a seguir.

AVANTAR ACTIVIDADES

 Na reunión incidiuse na imperiosa necesidade de dar a coñecer os colexios, as instalacións e as novidosas formas de ensino. Polo que se acordou comezar unha campaña de visibilización de televisión, radio, cartelería e redes sociais para que calquer pai ou nai se puidese informar.

Co gallo de acadar a máxima difusión posible porase en marcha un reparto de panfletos e carteis nas zonas máis sensibles da vila: escolas infantís, garderias, tendas , locais de hostalería facendo fincapé nas zonas de proximidade dos dous edificios máis emblemáticos dos que conforman o colexio público do Carballiño como son o Campo da Feira e o Calvo Sotelo. 

Estes dous colexios, hoxe están destinados a educación infantil (nenos e nenas de entre 3 e 5 anos), onde reciben clases cunha atención cercana xa que se trata de aulas reducidas que permiten máis cercania con alumnado e familias.

O obxectivo é o de dar a coñecer as súas prestacións, que todo o mundo coñeza as instalacións e se poida informar e facer que se saiba que poden solicitar o servizo de conciliación e comedor que presta o Concello do Carballiño independentemente do colexio ó que acudan.

Neste senso tamén consideramon importante promocionar o día especial de portas aberta que terá lugar no edificio situado na Uceira este martes 28 ás 16:30 da tarde cunha reunión explicativa e na que seguidamente se poderán visitar o resto de edificios.

Tamén se poderán informar nos propios colexios chamando ós teléfonos:

Calvo Sotelo: 988 27 01 25

O Campo da feira 988 27 00 21